lunes, 15 de septiembre de 2008

BRANCO E NEGRO

A luz enteira do grande astro solar,

Facía a mañá máis linda e fermosa.

Ao mesmo tempo nubes escuras, dor ferida,

Ián cubrindo a face do ceu branco azul e gris de Norwich,

County Northfolk, East Anglia,

O mañá íase facenso máis escura,

Menos fermosa e desexable.

A xente, sen presa, aparente,

ía deixando as rúas valeiras

Ían desaparenzo o marmurios inútiles das voces acesas

E de cando en vez

No meio do verán tépedo e doce

Ían pasando polas rúas coches tristes e desfeitos,

Dos tempos perdidos

Da torpe de ciadade de Nunca na Noite.

Norwich era, íase facendo, ao mesmo,

A máis afastando vila de tódolas vilas

Dos eidos da ledicia que alumeaban, denantes,

Pasamos a creazón

Dun munto torpe.

O día ía cambeando, lento, torpe e estúpido.

Norwich ía perdendo o seu senso ledo

Ateigaban a súas rúas pantasmas nocturnos

Vestidos de branco coma os algodóns brancos

Máis brancos que a cor pura da neve.

Que nos axudan a curar as feridas que doen constantemente

Por mor das mentiras habitadas

Nas voces que xemen

Marmurio falsos

Norwich, fíxose a cidade escura

A cidade triste.

Din e contan as máis vellas lendas do lugar de East Anglia, Norwich,

Que unhas meigas estranas

Vestidas dun furacán de medo tremendo

E uns bruxos tolos e brutos

Foron construíndon

A cidade da mentira,
A que non medra.

Pasou o tempo contante

E como unha miragre

A mentira absura e frenética

Pasou a seres somentes a verdade única
E desterrada do mundo da verdade.


Miguel Dubois

domingo, 14 de septiembre de 2008

NOITE

Entro lento nesta noite enteira


De silenzos longos.


A quietude da noite pecha, silencio continúo.


A carencia da luz que alumea polo día enteiro.


Entro no silencio, quedo,


Durmos as derradeiras palabras pronunciadas,


Pecho os meus ollos craros,


Entrégome enteiro o mundo dos sonos íntimos,


Sou eu un soñador constante,


Que deixa a consciencia de noite,


Que erga a ledicia a mañanciña,


Pero pola noita queda,


Esquezo enteiro,


Que o Mundo enteiro, existe,


Achégome as sensacións lentas e ilustres


Das verbas nocturnas


Que son nada máis que silencios constantes.


Deitado estou nun lugar, na miña cama longa


Durmindo estou en fermosos lugares,


Tódolas noitas a miña xeografía cerebral


Percura lugares diferentes


No que vivir soñando,


Nametras descanso,


No fondo das noites constantes






Miguel Dubois

NAVEGANDO POR AROUSA

Soave, lida flor aberto,


Suspiro cálido de tépedo calor apaixoante,


Cumoi da luz acesa,


Linda uaga azul mariña.


Onda branca bailadora comprida


De sonos brancos


No límte onde a onda escacha.


Raiolas saores, coitelos prateados


Que atravesades e os deitades


No mar acendendo as esperanza das augas superficiais.


Estreliñas prateadas, símmlosda ledicia lumisnosa,


Que deitatas estadas na superfie do mae azul da Ría Arousa.


Faros ergeiteo e brancos,


A modo de fermosos muiños ,


Traaballores de noites longas de pesca dabondo,


Ponto referente da seguridade marítima,


Luz ou bermella ou verde,


Ainal de navegantes en percura da oientación pertinente.




A vida é unha gran viaxe en barco que comeza


E remata, no límite de tódolos límetes existentes,


Imos mirando o branco ronsel da vida


Pola popa do barco marixeiro


Que coa potencia sublime


Do seu poderos motor diesel


É ´mecánica que to estacismo


Fai que a nave mariñeira


Se mova a gosto directo e concreto pola Ría da Rousa.


É coma a perfecta maquinaría humana


Metida dentro das costelas


Dun navío navegango ceibo


Pola fermosa Ría de Arousa.






Miguel Dubois.

INFAMIA

Para no exceso verbal,


Na absurda perda temporal


De crear o que é unha máis das

tontas mentiras.


Edificadores de verdade falsas,


Inventores da mentira necia


e nociva.



Mentes vengativas,


alimentados polos entimentos


baixos,



Persóas que non admiten o


debate plural,



Que se pensas distinto,



Eres feito nun personaxe alleo



A unha comunidade a que


sempre




Debes pertencer.



A vinganza premetida



É unha torpeza total,



Que amosa a mínina madurez


intelectual.



Unha vez feita a inútil condea,



Unha vez xulgados os supostos


feitos,



A persóa é condeada



A infamia máis absoluta



Sendo iñocente ou culpable.


En cuestón é ese determinado


persoeiro



Polo que a partires de agora,


Será sempre culpable


Aínda que fora presunto


iñocente.



Porque aínda en este estado de


sentencia,





Repito: en esa específica


persóa,


froito é da infamia mintireira.


Miguel Dubois



CONSUMO DE CALIDADE.?



Estar no Mundo enteiro, có Mundo e coa Vida; engadir a túa existencia anacos de felicidade, ser ti mesmo, non ser un "pantasta" inconcreta da apariencia formal, sendo a razón "aparente" andando máis cun engadido, para, de esto xeito, "tapar" o que realente eres. Penso que os engadidos externos, por unha banda son, unha política comercial que se apodera das persóas febles, e estas derradeiras, séntente máis seguras de si memas, engadindo nas súas prendas de vestir as famosa "trades - marks" marcas supostamente que aproiveitando a inseguridade e febleza do ser humano, aproveita, repito, e vende un producto determinado a un prezo altísimo o producto que o consumidor vai vestir ou calzar. A verdade que estes dirixentes do "bussiness -world", atópanse moi ledos porque ingresan cuantiosas cantidades de cartos coa man de obra moi barata, mercadoría barata para o vendedor, mais o devandito producto que ten, como non, un determinado "logotipo", como resulta de esto dise que a calidade deste producto de venta cuadriplica o seu prezo verdadeiro, e por outra banda, o comprador síntese "encatado", por recibir un determinado producto desta marca. Cabe resaltar, a vergoña que son as "subscontratas" e queren, a toda costa, que teñes estas "trade - marks" aun prezo de salario miserento. Coñecemos moi ben o caso da India que a un prezo de miseria, e de xeito, totalmente, explotador e dominador, contrata man de obra barata en codicións laboráis miserentas. Digamos que o gran negocio a costa da xente feble e necesitade é un froito máis dos comportamentos humanos laboráis abusivos na que a dignidade humana fica polo chan. Despóis neste Mundo, supostamente, rico, que parte do Mundo, claro está, lembrarnos que en USA exiten 37. millóns, non esquencemas, de xente pobre, , datos do ano 2004 e cunha población total de 300 millóns de homes e mulleres.miramos grandes marcas, con logotipos enormes. Un dato moi significativo: o 10 % da poboación mundial é a que en relidade domina o Planeta. Estos perden, voltando aos logotipos, as súas dimensións exactas e de gustos e fanse máis visibles e así, cada un dos nós somos movementos adantes anunciadores de productos de consumo, e nos sentimos, supostamente, orgullosas, de levar postas as determininadas prendas.


Miguel Dubois

LAR DO AMOR

Luz da ledicia constante

Non me falles,

Aluméa os meus sonos réais,

Fai do día escuro

Unha constante luminosa.

Habito en min mesmo e no que son

Sendo, tamén, a resultante doutros froitos achegados.

Faremos das nosas noites

Constantes amorosas asulagadas

De cumios acesos de felicidade.

Abriremos as fiestras pechadas

E faremos da nosa porta

Un camiño ao mundo amoroso.

Pasaremos as noites achegados,

Apretados aos nosos corpos espidos

Acesos ao cumio do gozo e do amor,

E pasarán os tempos de tódolos tempos

E os dous amarrados estaremos a decisión de amarse constantemente.

Pasaba pertiño, da casa amorosa, un turista estranxeiro con compaña grata

E díxoo a súa querida compañeira:

Din , Lilliam que neste lar antigo

Habita, aínda unha parella cáseque lexendaria

E din que neles o amor nunca remata.



Miguel Dubois.

sábado, 13 de septiembre de 2008

LEDICIA DE VIVIR.

Quixera andar ceibo e tranquilo

Polos camiños da vida,

Vivir aspirando o ar fresco dunha mañá de primavera.

Quixera achegarme a constante beleza das flores amarelas e bermellas

Achegarme a esencia do teu ser íntimo e grato,

Facer da vida unha constante fervenza da felicidade,

Achegarme a tí, meu amor,

Cando o día morre e se achega a noite negra,

Amarte con todas as miñas forzas da vida

Que a vida me dá para se home feliz constante

E ao traveso do curso da miña voz feble

Embarcache no mundo da tranquilidade constante,

Apagar as cataclimos e as guerras inútiles

Convertir ao ser humano en home feliz

En muller leda.

Facer das mañás luminosos

Fontes de felicidade constante,

Darme de conta que o amor vive a miña rente,

Achegado a miña beira,

Como describir esta sensación bela

Que me asulaga nun mundo con sentimento.

Apagaremos as derradeiras fogueras da dor

E faremos da vida

O tempo para vivir gustosatenme.



Miguel Dubois

ENTEIRO

O castigo de medo fometando

Vai pechando as portas abertas

Camiño da liberdade concreta,

Aquela libertade que toca no exacto intre

De liberarme conmego mesmo,

De atoparme, totalmente e absollutamente,

Quedar espido e así ceibo enteiro,

Da pesada carga que pesa e que doe dabondo

.Que inmemsa palabra sigifica o verbo "amar"

Amar enteiro no sentido máis puro da palabra.

A vida corre bulindo, non descanasa,

As veces coma un cabalo negro e tolo e tremendo

Que arrinca valados inútiles

En momentos da rabia contida.

Non me deixes orfo de amor,

Nada son sen esta fermosaa verba,

E os campos están ceibos e verdes

Namentras atraveso os campos da bela e fermosa Inglaterra,

Nun longo tren de múltiples vagóns,

County Nolkfolk, Norwich,

E a lus alumea us currunchos escuros e dementes

Dos intres tristes sen sentido, absttacto e inútil

Libérame da ameaza asoballande,

Meu Deus, Meu Amigo,

Libérame do mundo pamplineiro

Da palabra falsa

E da mentira que fire

As almas das persóas febles.

Libérame meu Deus,

dos momentos amargos

Limón amarelo,

Dentes tremendo

Dame o sosego necesario,

O que Ti, queras e desexes,

Non deixes que a teima voe polas testas absurdas

Carregadas de odio absurdo e inútil

E o Mundo enteiro, será Mundo,

Cando Ti digas, no momento exacto

En canto os homes e mulleres xunguidos

Liberémonos das angurias, feridas fondas

No fondo dos nosos egos absurdos.

No fondo todo ben sendo o mesmo

Pero, ao mesmo tempo diferente.

O mentirán engana, de cotío, absurdamente,

E o sinceiro elimina a mentira

Coa carta vedadeira

Pero hade chegar momentos sereos e tranquilos

Na que a linguaxe das ondas do mar azul

Será lene e soave.

Entrégoche todo o que eu son

E arrinca de min esta espada absurda

Que está cravada na ferida parva.



Miguel Dubois.

CLAN E VIDA

POR FAVOR, LECTOR/ORA: BÓTAME UNHA OLLADA.


Complicación en vida


Moitas veces, ao meu parecer, somos auténticos loros parlantes, ou maquinas parlanchinas , que de certo chinés
non falamos pero , certamente, saberemos dar o que temos que dar para dese xeito ser correspondidos? Non estaremos pidindo demáis? Porque, sempre pidimos, esiximos e insultamos e non damos? Somos xustos cando condeamos ou f erimos?Lémbrome dun artigo escrito no diarió "El País" por Joaquín Estefanía, que, en xeral, dito artigo afirmaba, con certitude que o noso país medrou e de xeito grande, colocándose nos primeiros postos da economía mundial, oitavo, concretamente, cando xa cantos anos que deixamos o noso, total, aillamento do resto do Europa e nos introduxemos dentro dos circuitos económicos máis importantes. Dito ésto: medramos, tamén, na cordura, no sentido común, nos dereitos fundamentáis dos cidadans, dereitos humáns, ou pola contra involucionamos nas nosas conductas, facéndonos seres egoitas e faltos de soliedaridade, froito da competividade e a falla da dem ocracia sociai e cotiá? Eu,penso que o mundo, en xeral, hai excepcións, é máis egoista, e penso que vivimos na sociedade moi competitiva, insolidaria o que permite que afloren as conductas máis agresivas, e por suposto, as normas máis elementáis do saber estar cós demáis, as veces vense , totalmente, crebadas. Falemos do "clan". Este grupo social pretende dirixir todo o que o seu arredor ten, mais cando un dos membros do mesmo non obedece ou rebélase, os demáis membros desa tribu humana, miran ao rebelde coma un "cousa rara", é cando a política da vinganza agachada, tan sutil e sublimente, aparece como método da divina salvación, para purificar a ialma do pobre rebelde. Mágoa! A persecución comeza e faise de xeito infatigable. Os posuidores da verdade dictan normas, estrictamente, presas dunha falsa sinceridade, que de cando , aflora no seu sublime comportamente sociai o saber estar a ben cós do Clan. A estrutura clanificada debe posuir, obrigadamente un leader de calidade. Non val calquera! Ah! O leader, creéndose leader actúa coma tal, pero con fallos estrepitosos, que un pregunta que se a idade mental e física van parellas. Todo o que digo non é unha broma barata, máis ben unha mágoa triste. Unha inmadurez total e absoluta, unha falla de respecto total, unha provocación non casual se non "premetitada", ou traducindo a linguaxe cotiá: malos sentimentos, falta de corazón, rencor, envexa..e non sego. Outra coousa que debe aprender é que non é dar a razón por ser do clan: Cando un dos mesmos "esbara" outro dos mesmos, debe chamarlle a atención para que outra vez non "esabare". De novo. Esto derradeiro ó o chamdo lei do sentido común, por certo moi carentee. Ficar moi ben está tal cual pero ren máis.Non será que os membros das estructuras pechadas están santificados? Joaquín Estefanía no diario "El Pais", escrébebos de tan sublime fenómeno: florece a economía máis a madurez intelectual decrece. Non será que as testas estarán marchitas? Que é mellor? Como equlibrar a balanza? E para rematar: sabemos poñernos no lugar dosoutros, do que temos na fronte? Nonos custará, demasiado esforzo? A xeito de remate: non estamos máis pendentes, somentes, de nós mesmos? Impórtanos o sufrimento alleo? Interésanos os movementos solidarios?


Miguel Dubois.

VIDA e NENOS

Palabra agachada na palabra,

Palabra exacta e concisa,

Versos famentos da verdade agachada,

Palabra apurada sen senso,

Palabra hoca, necedad continúa,

Perda de tempo concreto.

Voz perdida da ledicia vital

Cumio da ledicia

Na linguaxe intantil.

Palabra torpe inconexa,

Balbucear as primeiras palabras

No mundo universal multilingue,

Palabra exacta para cada obxeto observado,

Palabra comprensiva, cúmulo dun delirio absurdo,

Ledicia das súas pequenas facianas,

Expresivas, grandes ou pequenas,

Mundo infantil ledo e constante,

Que maior fermosura

Que ensinar aos meniños máxicos

Que queren saber como se di

O seu propio nome concreto.

Mundo inocente,

Minúsculos homiños e mulleriñas.

Mundo do futuro,

Futuro incerto, inexacto e interrogante,

Nenos e nenas, mundo vindeiro

Disfrutade dos anos da vosa nenez pasaxeira,

Sede o centro de atención máis fermoso

Da enteira existencia.

E o tempo irá pasando,

lento ou rápido

Iranse escribindo máis anos de hestoria engadida

Uns colleremos a derradeiro camiño,

Namentras outras serán

Os actores vitales da historia.




Miguel Dubois

viernes, 12 de septiembre de 2008

LONDRES

O mundo soave da luz

Dun día de setembro perdido

Alumea cor escuro da noitiña

Que esquece a función, elemental

Do verbo amar;

O querer ser sen engadidos

Ou pertenzas alleas,

Que non son propiedad do que escribe.

Vivo perto da lus de setembro que cáseque morre,

Esquecendo a ledicia dun verán máis,

Dun verán nas terras estranxeiras

De lingoexe diferente.

Aló ficaron lembranzas belas,

Carregadas de beleza propia

Dun país xeneroso en economía

Con grandes diferenzas

No status sociais existentes.

Vexetación fermoso e verde

Árbores asulagadas e ateigados de beleza suma e constante.

Casas grandes e fermosas

Que lembran os tempos daquela

do Bristish Empire

Ou Imperio Británico.

Todo un gran parque de arquitectura luxosa

Onde non se malgastaban cartos

Naquela sociedade victoriana.

A Capital é fermosa

Aínda máis fermoso é

A mistura de cores da pel de xentes diversas.

Formigueros humáns

ateigan as rúas londinenses

e de súperto, coma sen sequelo

Érguese o tempo da memoria morta pero presente,

A hestoria, todo aquilo pasado

Que xa non é.

A beleza dos parques,

Os fermosos cisnes de longo pescozo,

Os parrulos torpes e soaves

E no fondo de Saint James Parck

Érguese a poderoso construcción

de Buckingham Palace.

Outra vez, de sócato,

A memoria ateiga a miña testa confundida.

Xa moi o fondo miras coma un soldado mecánico

En casaca bermella e longo sombreiro negro,

Vai facendo unha garda constante

A feito de atención turística.

A Gran Ollo de Londres

Esa gran noria xigante,

Convirten a cidade

Nun perfecto parque temático

De longas e perfectas ringleiras humanas.

A Máquina do Tempo

Érquese poderosa e bela

E o son das campás asulaga o ar

Carregado das nosas voces turísticas.

A beleza estrircta e lineal de Wetsminster Palace,

Lugar de combate político,

Primeiro Parlamento Democrática

Da bela Europa colonizadora.

Os Thames corta coma un coitelo brilante,

De lus penetrante, tirante e perfecta

A cidade e as súas augas son habitadas

Por fermosos barcos turísticos ou barcos de guerra

A xeito, quizaves de lembranza ou Museo Naval.

Que longo resultaría explicar a beleza londinense.

Pero a cidade antre a lembranza das grandes épocas

Das épocas dominantes

Até este actual Londres, diferente,

Máis quedo e definido.




Miguel Dubois.

TI

Non teñas medo

Afronta valentemente o teu,

Sempre o teu.

Que ninguén faga de ti

Un farrapo bello,

Coma se foras alguén inútil.

Non dubides dabondo.

Toma a decisión constructiva.

Dermanda o respecto merecente

Sé, sempre, ti mesmo.

Non invadas o campo alleo,

Pero esixe o mínimo para a convivecia saludable.

Rexeita o tratamento imperativo

Antre seres semellantes.

Esixe nada máis o que debes esixir.

Non ten vendas por dous patacos suxos ou limpos.

Ergue a testa, camiña sen medo,

Sendo o que ti eres: ti.

Son o que son, e non

O que outros queran que eu sexa.

Non soporto a mentira cotiá

Non soporto as conductas covardes

Non soporto os sorrisos falsos

Que nada me din,

Nada máis cunha expresión absurda

Da linguaxe da faciana sorrinte

Que pola banda datrás apuñala a verdade oculta

Do momento do sorriso,

E aquel rostro grato se metamorfosea

En palabras ferintes

Que invaden o campo alleo.

Que miseria delirante

De palabras torpes e hocas

É o vación constante

De non atoparse asemesmo.

É o laio que non cesa

E agora che deixo

Porque xa non me interesas.

Mágoa, mundo interesado

De demasiados intereses.

U-lo o amor debido

ou u-lo sentimento solidario?

Pero as verdades doen constantemente

Namentras as constantes mentiras

Tápanse cós trapos suxos

De todo aquelo que non lle pertence a un.

E así vamos desfacendo

En vez de contruir un mundo mellor

E máis xusto.




Miguel Dubois

jueves, 11 de septiembre de 2008

NON VAL A PENA




De súpeto, a xeito de estrépito


E mágoa tremenda

Xenerouse un mundo absurdo

Desconsolante, perdido no meio da xenreira premeditada.

Vanidosamente có rostro perdido

En meio de absurdas verbas

saían daquela fiestra confusa

Un desbarre absurdo e imperativo.

Eisí "algo", commo un anaco de rabia valdía.

Que mágoa, ser froito inmaduro

Da máis absurda imprudenza.

Que absurdo acto precocenbibo

No meio dunha inmadurez intelectual tremenda.

Que medo con tan pouca inmadurez acumulada

No paso dos anos vividos con amor case sempre

E polo odio promovido polo ser calado,

Que vai mintindo nas sombras da noite escura,

Canto a vida podería ser unha





Un canto constante de enteira delicia .




Miguel Dubois