VIDA
Pontevedra, ao 21 de setembro de 2007. A vida vaise erguendo có paso da suma intacta dos tempos vividos. Un día falaremos do vivido e marcharemos paseniñamente O día consistía en fondas emocións Habitadas de ledicia intensa De medo absurdo e preto. Un tempo, foise convirtido Nunha total suma de horas parciáis. Eiquí estou a estas alturas desta vida, Sen cumplir os soños que poideron ser reáis. A vida é coma unha novela singular Ou unha verdade plural De múltples capítulos, Que ainda non remataron. Capítulos ledos, Sorrisos de meniños Asulagados de bicos tenros e apertas transparentes. Constantes. Amor de amores A vida foron aqueles días tristes e pretos. Nos que a negrura da noita fonda facía Fondo asugalamento do meu interior Valeiro e tremendo. De que me val a palabra morta e valeira? Cales serán as letras carregadas De espranza constante e aberta ao mundo Enteiro E as verdades ocultas? E a filosofía da miseria constante? Ou do deixade ser e deixade facer Anterga política gavacha ?...