POR TODOS NÓS, MELLOR
POR TODOS NÓS, MELLOR. Pontevedra, ao 2 de marzo de 2008 A todos vós amigos e amigas galegos e galegas que perante un delicioso espazo de tempo, fomos residentes e perfectos estudantes dunha xeneración que loitamos polas liberdades. Por aquela fermosa Palmira, habitante constante da memoria. Polo súa faciana ateigada de ledicia. Polo seu sorriso constante. Pola paz das súas palabras. Sempre Ela connosco no nóso cor. I Topeime, de novo, contigo, amada terra cambadesa coma se nada, como se todo. II Marchábame de fronte a mirada intensa na beleza ateigada de lus na maravillosa e decisiva Ría de Arousa. Arousa da miña infancia distante A cabalo de velas brancas De dornas de tope negras E a toda vela con Rumbo a Illa da Arousa, Illa da Arousa, praia encantada Escarabote e Boiro na fronte eu eu contigo meu amor perdiamosnos no fonda dos teus amorosos beizos agachados. Somentes por testigo o Faro Os piñeiros verdes erguitos cubrían a beleza verde da Illa Fermosa. O imenso, Pombar, descansaba ...