A BELEZA DE XULIA
AMOR E DOZURA É VIVIR De: Miguel Dubois Thenaisie A BELEZA DE XULIA Pontevedra, ao 25 de decembro A BELEZA DE XULIA Non dubdido de nada, Non dubido da fame contanste Non dubido da sede permanente. Mais habito no silenzo continúo de tódolos silenzos, Polo día enteiro teña unha boca aberta de silenzo aberto. Pola noito durmo silenzosamente na continuidade muda. Abro as portas ao son quente, Ao queixume solitario dun pino verde e famento de vento. Son o silenzo permanete a verdade infalable, O verso inútil ou canzón morta. A guitarra xeme laios pertinentes Puntéos exactos, Namentras a cantadora viva de voz Ateiga a sá ateigada De canzóns desgarradas Que aumentan o podería dunha voz enteira. Guitarra de tódolas das cordas da vida, Acompañas a voz da muller amada Que acende o canto perfecto Do amor perdido E gañado en posteriores batallas amorosas. Xulia está ergueita sen voz e con vento aberto, Na punta dun peirao pétreo ...