lunes, 8 de diciembre de 2008

FADO LISBOETA




Pontevedra, ao 7 de decembro de 2008.
FADO LISBOETA
Eu teño que quererte, pronto,
Onde acharéi eu o amor enteiro
Que por ti perdín,
En que lugar absurdo e tremendo
Atoparéi, de novo, o amor íntegro,
Que eu, por ti tiña.
Non son capas de achegarme a ti,
Dou fe dilo,
Sínto que un frío fondo ma atravesa
Cando penso en tí.
Aló no fin de todo,
Deixamos queimadas as mañás frías,
Consumimos todo o amor enteiro.
Onde atoparéi o que queda de nós
A fogueria nos está acesa,
Teño frío puro, meu amor.
Eu meu amor, che quero,
Pero eu meu amor enteiro
Xa non te quero,
A miña vida é coma un fado triste,
Cantado por unha portuguesa linda
Namorada da Lisboa
E un Señor de Queluz.
Que vou facer fado roto,
Guitarra triste,
Voz rachada,
Laio de amor perdido.
Camiño lento perto de Belem,
Nor perdo a esperanza
De cantarte un fado lindo
A lus dun candil.
Ouh amor! Canto pranto,
Cantas horas chorando
O amor perdido.
Non perdo esperanza algunha,
Namentras espero canto e canto
Paseo e paseo pola Rúa do Carmo.
Mais non choro, non creas non,
Por amor,
Choro pola túa saudade.
Somentes a ti eu te quero amor.
Miguel Dubois