AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 29 de novembro de 2003
Vaise queimando o tempo constante, habitante temporal,
Do mundo permanente no que habitamos de xeito temporal.
Algún día extraño seremos invitados
A voar ao mundo do misterio absoluto.
Faremos do mundo vivido un sin mundo pasado,
Din algúns, que entraremos no tempo que nunca rematará,
Un auténtico misterio permanente,
Un interrogante indefinido.
Din un estado de felicidade perpetúa.
Oxalá o misterio interrogante,
Sexa unha verdade absoluta,
Oxalá descansemos en magníficos sonos doces.
Din os ententidos, que naquel Paradiso,
O tempo é unha mentira constante.
Din os que saben moito,
Que o sufrimento será unha quimera absoluta.
Haberá un día aínda descoñecido,
No calendario temporal,
Que descansaremos fora do espazo e o do tempo contante.
Din sabios teológos que desansaremos
O Mundo atemporal da paz constante.
MIGUEL DUBOIS
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.