LÉMBROME DE TI NOSO JORGE
Pontevedra, ao 26 de novembro de 2008. LÉMBROME DE TI, NOSO JORGE Dígoche, certamente, Que foron tempos tan bonitos, Tempos da infancia e da adolescencia, Tempos ancorados no fondo da memoria absoluta, campo absurdo para o esquenzo. Tempos que atopo no fondo dos vasos valeiros de cristal groso e antigo Tempos que vou bebendo có tempo Que pasa, ràpidamente, e non se detén nada, velocidad temporal, O corazón de Jorge paróu, Xa non bate vitalmente, O corazón de Jorge, Está dentro do noso corazón vivo Que latexa coa forza da intensa vida. El era el; somentes como el era, Sabedes ben, que tiña lindos ollos azuis, dous redondos mares. Cando era tempo de verán Levaba a pel escura, E era home ben parecido e ledo. O seu sorriso era unha forza máxica E intensa que algo queriános decir. Era como foi e nada máis, Polas veces a súa enerxía era patente ...