DÍA DE VERÁN
Abre o día estival Coa enorme potencia vital Da luz solar. Non me firas meus ollos azuis Amado día. Non violentes a dozura Da pasada noite fermosa Longa de amor ferinte. Coma doce coitelos de amor Meu querido abrente Miña amada e querida muller Durme sonos fermosos. O abrente é senlleiro e tranquilo Non espertes A muller querida. Que a túa luminosidade fonda Alumee seu terno corazón ledo. O Sol mañanceiro Estala no seu fermoso brillar intenso O día rebenta O día nace O día estala De intensa fermosura. Deixamos soterrado Toda unha noite De amor intenso Meu intenso amor. Digamos “bos días” A luminosidade aberta Pola forza da luz solar. Nada é comparable A fermosura deste amencer gratuíto e cotiá Xa comezou o día Xa soterramos a noite Dende que o día naceo Polo fermoso abrente. Mais polo día enteiro Tamén, te amarei Porque pola noite enteira Tamén te amei. Miguel Dubois.