Ardán, Marín, ao 10 de novembro de 2008
Achégome ao mundo enteiro,
Coa forza íntegra do amor querido.
Non son máis que o lugar ocupado,
A palabra pronunciada ou o verso escrito,
Cargado da sumisa voz de palabras perdidas,
No curso íntegro do tempo pasado.
Son un pequeno habitante ceibe,
Un ensinante calquera,
Un plantexador de palabras absurdas,
Un queixume habitado de memorias perdidas.
Xa non son o que no momento fun,
Engado máis tempo e sumo minutos enteiros
Da vida fonda que latexa labazadas absurdas
De donos imperfectos.
Asisto ao espéctalo vital
Coma un máis antre a multitude existente.
Sucumbo de momento
Aos golpes baixos e aos combates inútiles,
E a vida pasa rápido,
E o vento zóa, constantemente,
Na beira dos pedras dos peiraos esquecidos.
Unha vestimenta de anos dabondo
Habita no tempo persoal
Habito a vida para vivir vivindo.
MIGUEL DUBOIS
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--O TEMPO PASA A RENTE DUN PEIRAO DE PEDRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--O TEMPO PASA A RENTE DUN PEIRAO DE PEDRA. Mostrar todas las entradas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)