O FRÍO DA NOITE NEGRA
AMOR E DOZURA É VIVIR O FRÍO NA NOITE NEGRA Rompe con ese xéo lento e frío, Brancura amarga e penetrante, Témpano xeado queimador da friaxe, Abrigo externo que me cobre a pel espida, Encende o lume da fogueira fermosa, Lapas de lus azul e amarela beilando ondulantes, Lapas longas coma linguas quentes e longas, Invítame a quentarme a súa bendita beira. Sol nocturno rodeado de escuridade perversa Vete e bule e escapa do frío mortífero, Silenzo permanente e nouturno. Que sensación tremenda da perda da quentura, Ausenza da calor vital, Espanta as tebras do medo fondo, Fondo dos pozos negros, Apárta de min este frío tremendo, Corazón conxeado e insensible Déixame de esquencer para construir, Vales fermosos e verdes, Como existan na bela Irlanda querida Cunha paisaxe de extensos campos De herva verde, delicia da paisaxe. Eu, tamén, igoal que ti, Quixera querer tanto, e perfectamente Aparta de min esta friaxe intensa, Déixame quentarme a túa beiriña quente. Non me deixes ...