AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 29 de maio de 2009.
PRIMEIRO DE MAIO
I
Maio lindo e fermoso,
Chama a porta feble,
Con forza suprema.
Abriremos o maio amado,
Pidindo xustiza e liberdade,
Para os traballores do mundo enteiro.
Xuntarémonos nas prazas antigas e novas,
Antes de data e ateigalas enteiras.
De mans ergueitas
Co puño pechado,
Como simbolismo da clase obreira.
Xustiza, pediremos,
Traballo queremos.
E desexaremos liberdade plena.
Condeamos aos desertores,
Dos dereitos humáns,
E, a tí, Presidente Obama,
Parabéns polo pechamento,
Da factoría do sufrimento
En Cuba, de Guantánamo.
Sexa benzoado a virtude do amor,
Sexan condeados os ladróns,
Vestidos elegantemente,
Que ao o Estado Noso,
Rouban con toda desvergoña.
Xustiza non sexas unha palabra espida,
Un deserto de xustiza.
Xustiza que o habitante feble,
Non se sinta avergoñado,
Polo abuso dos que rouban
Con luvas brancas e sedosas.
Abramos as portas ao mundo ceibo,
Pechemos a boca absurda
Dun mintireiro constante,
Que quixera pasar por habitante indubidable
Da causa perfecta,
Con efecto as resultas
De poderío económico, inmerecido,
Consecuente para el
E inxusto para os que habitan
A Vila de Xustiza Pura.
Namentras escribo,
Estos versos perdidos,
No Universo da Palabra.
II
Pódovos afirmar,
Que o gran Mario Benedetti,
Quérenos deixar.
Un soñador uruguaio,
Poeta de profesión constante,
Exilado en España,
Por mor dos excesos uruguaios
Daqueles tempos miserentos.
Home sinxelo e tranquilo,
Con miraba doce,
Transmisor de Paz constante
E aberto ao mundo de poetas extraordianrios,
E cantantes creadores
Da máis pura beleza habita.
Música de Joan Manuel Serrat,
Con poemas de Mario Benedetti,
O Sur, tamén, existe,
Todo un luxo de poesía pura,
Musicado por un gran creador.
Juan Marse, tímido,
Gañou o Premio Cervantes,
O Paraninfo da Universidade,
De Alcalá de Henares,
Era un lugar solemne,
No que no lle foi dado
A Juan Marsé,
Porén foi resistidor
Do protocolo de alto rango.
Que maior culto
Para un escritor que o saboreo
Da liberdade plena,
E sentirse libre,
Como ar invisible,
Que zóa nunha tarde de invernía.
Entramos en maio xa,
Antre dores pasados,
Pesadelos absurdos,
E laios queixumosos,
Que de nada sirviron,
Para saber o que é
O puro concepto da verdade.
E vanse constríndo historias pervesas,
Que queren vender por certas,
Pero a verdade é única,
Nun senso fundamental
E a verade é, tamén, polivalente,
Existen tantas verdades como creenzas,
Peo o sentido existencial da verdade
Única e non polivamente,
E a que debe habitar,
No noso mundo persoal,
Para deste xeito habitar,
O Mundo Armónico,
Que debería de existir.
Non é o mundo habitable,
Un constante cúmulo de
Inútiles falsedades.
Construímos a noso mundo enteiro,
Con noso esforzo persoal,
Transmutado á colectiviadade social
Da práctica do esorzo.
Por eso o día un de maio,
Lairémonos os sucesos tristes,
Pasados es San Francisco,
Pero reinvidincaremos,
Xustamente o noso dereito puro,
Ao traballo inprescincible,
Aos dereitos personais e sociais
Roubados por mor da codicia,
E o dereito a vivir librenmente,
Sempre e encada intre,
Das nosas vidas vividas.
Miguel Dubois.
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMEIRO DE MAIO..POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMEIRO DE MAIO..POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)