Entradas

Mostrando entradas de julio 5, 2021
AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra, ao 21 de Agosto de 2014 DÍAS EN FAO Un paseo lento en bicicleta, facianos mover dun lugar a outra, Cambiar a nosa constante visión. Unha ponte estreita camiño de Esposende, abría o camiño por enriba do Cávado, cando deixaramos xa en Fao, as vivendas dos indianos brasileiros, o Hospital de Fao, a escola, pola que pasaron tantos mestres. Os edificios outos de Ofir, erguíánse rompendo o equilibrio paisaxístico, e pedal a pedal iamos avantando, deixamos os artiluxios de dúas rodas, de motores de pernas longas, non moi lonxe daquel museo marítimo e lugareño daquela vila, con fermosos monumentos e igrexas pequenas ou non tan pequenas, culto interior do silencio íntimo. ...