SUPORÍA
Suporía, tal vez a noite de día. Suporía non estar, estando. Suporía un silenzo mortífero de balas asasinas. Suporía, poño por caso, que a verdade fora mentira. Suporía que a fermosura fora fonda fealdada. Suporía un Mundo se ter que supor nada. Suporía que a morte fora a vida. Suporía que o vento queimara o ar limpo. Suporía que a tolemia fora un roubo a cabalidade. Suporía que a tristura frustante fora ledicia absuda. Suporía unha lúa brilante e cobarde No medio da noite pecha cando os traidores bailan. Suporía un mencer doce sosegado e lene. Suporía, sen no querelo, o fin de todo sufrimento. Miguel Dubois.