CANTIGA PARA UN FERREIRO SOÑADOR
Martelo duro, pum, pum, pum...plam.. Forza to traballo forte e forte. Dame o pan merecedor. Martelo que bate con todo a rabia posible, Plam, plam, pla... Dureza suprema e calculada. Ferro cambeante, Fragua ardente, Forza exacta, Sudor da fronte, ferreiro forte, Traballa na fragua, do calor intenso, Intenso calor e forza dun ferreiro forte, Golpe constante, Golpe fixo, Ferro moldeable, Plin, plin, plin.. O sudor é calido e costante, Toda a forza suprema, leva no seu brazo forte. Plon, plon, polon... Ferreiro, fragua, ferramenta, forza... No taller da fragua ardente, O ferreiro moldea ferros antes tesos. Figuras fermosas esculpe, Pezas arranxa a destra e sinistra. Ferreiro do ferro da Rúa do Ferrol, Construo sonos quentes de ferro A un razoable prezo. Miguel Dubois