Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. "O MUNDO de FISTERRA"

O MUNDO de FISTERRA.

O Mundo de Fisterra, É unha porta máis aberta ao mundo ceibo, Nel podes comprobar como son, Os sentimentos dun poeta descoñecido, Afortunadamente. De que vale a pantalla externa Do que eu son? De que me vale o folklore absurdo, Dos falsos andamiaxes da absurda farándula? O Mundo de Fisterra é unha fiestra máis Aberta ao mundo de par en par. Temos días de combate constante, No que o Océano de Fisterra Está bravo, E nel danse absurdas batallas marítimas No que o vencedor é aquel que honra a xustiza. No Mundo de Fisterra, Pódense descubrir Micromundos útiles, Que te axudan a resisitir Os combates inxustos De maneira doada e lene E sen absurdos labirintos Que non son máis que absurdos Xogos de palabras inútiles. Nesta Mundo de Fisterra, Temos días de sol grande e fermoso. Sentámonos os dous na beira dos cantiles de Fisterra, E observamos que non é o Fin do Mundo, Pola contra é todo un espectáculo de belez...