DORNA EN AGOSTO
Pontevedra, ao 24 de agosto de 2008. De que maneira, certeira, iba sintíndome Como un ser asistente ao belo espectáculo vital. A forza do vento do Norte, Batía coa a súa forza agarimante, Labazadas de ar ceibo E tépedo Sentín que o vento era o dono intenso Dos movementos dos nosos cabelos, Fíos cansos e tensos que o vento penteaba A súa vontande natural e decisa. Sentín unha fonda beleza interior, Cando eramos víctimas do movemento mariño, Antre un intenso subir e baixar De ondas vestidas de beleza extrema. Namentras o que falabamos, Era un producto de palabras belas, Que o vento levaba, lixeiro Entre vocablos carregados de amor intenso, En lembranza pertinente e penitente. Lémbraste meu amigo, Lémbraste daqueles tempos de tódolos tempos? Naqueles anos de maxia infantil, Que eramos mariñeiros de dorna a vela latina e branca Coa forza absoluta duns longos remos? Fomos os derradeiros mariñeiros da infanza absoluta, E o mar baticaba co ...