A ILLA FERMOSA E A VIDA Pontevedra, ao 07/11/2008 ILLA FERMOSA E A VIDA Amado ser humano, Canto che quero, amado ser humano. Vivo no Mundo para tí. Home multiracial Muller igoal, Habita o Mundo para querelo e amalo. Estoura o medo contido, Ábrese enteira a potente libertade, Somos as naves belas Que navegan nos mares libres, O vento con toda a súa forza, Hincha con todo seu poder As brancas velas, simbolos pacifistas, Que nos conducen as Illas Doces, Cargadas de sucres brancos e castañas, De froitas fermosas, e sabrosas. Chegaremos ao Porto Fermoso E alí nos acollerán os habitantes pacíficos, Aqueles que non coñecen as absurdas guerras inútiles, Porque en Illa Fermosa viviremos con todo o noso amor enteiro Para o amor enteiro. Dádenos a paz roubada, Disfrutaremos da paz conquistada. En Illa Fermosa a guerra, como palabra, Entra dentro do vocabulario prohibitivo. Illa Fermosa énchese enteira de amor puro, O odio absurdo é outra palabra prohibitiva, Queremos amar, enteiramente, Aos nosos seres semellantes. Que é o Mundo enteiro carente Do amor máis puro e delicioso. Que é o Mundo se non te teño a tí, meu amor querido. Cando ti non estás nas miñas mañás, Os abrentes parécenme escuros e carentes de vida. Canto ti estás, meu amor querido, Os amenceres son abertos puntos luminosos E cheos do sentido máis plácido e vital. Que aventura máis fermosa É vivir por tí e para tí. Máis en Illa Fermosa, Todo asemella a un paradiso máximo. Un Mundo de amor No que a verba sen amor é máis cá un sacrilexio puro. Habito para amar, Amo para vivir. Estou vivo porque vivo para vivir, afortunadamente, A vida enteira que quero desexar. Miguel Dubois. |
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
Mostrando entradas con la etiqueta ILLA FERMOSA E A VIDA==POESÍA por MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ILLA FERMOSA E A VIDA==POESÍA por MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
domingo, 16 de noviembre de 2008
IILA FERMOSA E A VIDA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)