Quixera andar ceibo e tranquilo
Polos camiños da vida,
Vivir aspirando o ar fresco dunha mañá de primavera.
Quixera achegarme a constante beleza das flores amarelas e bermellas
Achegarme a esencia do teu ser íntimo e grato,
Facer da vida unha constante fervenza da felicidade,
Achegarme a tí, meu amor,
Cando o día morre e se achega a noite negra,
Amarte con todas as miñas forzas da vida
Que a vida me dá para se home feliz constante
E ao traveso do curso da miña voz feble
Embarcache no mundo da tranquilidade constante,
Apagar as cataclimos e as guerras inútiles
Convertir ao ser humano en home feliz
En muller leda.
Facer das mañás luminosos
Fontes de felicidade constante,
Darme de conta que o amor vive a miña rente,
Achegado a miña beira,
Como describir esta sensación bela
Que me asulaga nun mundo con sentimento.
Apagaremos as derradeiras fogueras da dor
E faremos da vida
O tempo para vivir gustosatenme.
Miguel Dubois
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario