Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como POEMA PARA MAITE. POESÍA POR MIGUEL DUBOIS

POEMA PARA MAITE

Imagen
Pontevedra, ao 15 de novembro de 2008. POEMA, PARA MAITE. I Non o sabedes, de verdade absoluta, Chámase Maite, é forte, valente, Ergue dereita a testa que ben pensa, Agarimosa é cando ten que selo. Nunca retrocede na súa vida cargada De avances constantes. Non discute o absurdo do tremendismo. Ela, Maite, avanza segura, Da folgos desinteresados, Porque non lle gusta usar o verbo retroceder. Maite é responsable, Pretende endereitar aquelo que está torto, Mais que estrano parece ser un conxunto absurdo De mentiras constantes De absurdos convertidos En verdades mintireiras. E entón cando se ergue un estrano pantasma Cargado de sumo egoísmo Que vai desfacendo o mundo real Da verdade íntegra, Do xogo limpo. E ataque sen piedade a mentira, É queixa continúa, lamentable e inútil, A parte máis miserenta do ser humano. II Maite carece, totalmente, Di dito máis enriba, Repito: é valente E ten o corazón limpo. De seguro irá construíndo un Mundo Novo, De novos amigos e coñecidos inesquencibles, Te...