DENDE A POVOA DO VARZIM ATÉ O LEME DO BRASIL
Pontevedra, ao 4 de novembro de 2008. A MIÑA QUERIDA FAMILIA DA POVOA DE VARZIM E LEME. Grazas pola túa bondade máxima, Polo teu corazón aberto ao mundo. Grazas pola túa bondade destinada, A apagar o frío do desamor. Grazas polos teus paseos deliciosos Até a Vila do Conde ou até Ao-Ver-O-Mar. A Povoa estaba fermosa e o ambente ateigado De lembranzas, namentras as nosas palabras ceibas, Ivadían o ar supremo e luminoso Da bela vila costeira. O mar mesturaba a súa beleza constante, Prata acuática suprema, Antre a beleza da súa luz, E o escume branco coma a neve derretida Namentres a miña querida familia, Encendía unha fogueira de lembrazas queridas, Tí e máis eu paseabamos pola fermosa Praza da Almada. E unha tarde dun sábado o teu amigo e máis tí, Meu querido primo fitababades os vosos ollos enteiros, Na pantalla dun televisor grande, Namentras os pilotos facían os seus perigros...