Entradas

Mostrando entradas de junio 21, 2009

AMOR EN SAN XOÁN

AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra, ao 20 de xuño de 2009 AMOR EN SAN XOÁN Como explicarche o senso interno, Dete amor enteiro que me ateiga, Xa non sinto un absurdo medo, Que quebrántame o paz interna, Acedo, sen piedade nen omisión, Ao fondo interno do teu lindo sorriso. Non penas, de favor, Sorrisos acesos dabondo quixer, Non quero ser paxaro ferido Dunha guerra inútil. Verte a ti, enteira como eres, Ver a fronte constande de ledicia, Que comimigo compartes, Significa para min, o feito de vivir contento. As veces, cando durmes, fondamente, Mírote atento e devagar, Escoito o teu respirar fondo, E non soño que estou de ti afastado. Amar canto ti me digas, Fuxir da dor dura e dos queixumes, E crear o noso mundo placenteiro. Amar, día a día, cun senso fondo Interior de resucitar o tempo perdido, Ou aquel soño incumplido. Síntome ledo coa mirada fixa Na beleza que non asfisia e enamora. A vida carece de sentido, Se non queres amar, de vagar, Como estí...

VICENTE FERRER

Imagen
AMOR E DOZURA É VIVIR Fão- Portugal, ao 2 de agosto de 2009 Querido home honesto, Benquerido Vicente Ferrer: Entregache a túa vida fermosa e enteira Aos seres máis necesitadas, Deste inxusto Planeta Insolidario. Abriches as portas da esperanza ao que sofre E permanece inorante ao Mundo Equilibrado. Diches de tí o teu corazón aberto, A túa vida plena. Deche de comer ao famento constante, Até que deixou de ser famento. Abriches os eidos da esperanza, Corazón aberto ao Mundo Enteiro, Por eso déboche amar, sempre, Benquerido Vicente Ferrer. Miguel Dubois