Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como POESÍA DA MIZIDADE

POEMAS ESCRITOS DE CANDO EU ERA UN MOZO. DÍA 2 de novembro de ano de 1975

LEMBBRANZA PRIMEIRA Nunca mirei o sol, No verán. Somentes imaxes De tí, Meu amor. NOITE DA ESPERANZA Noite da esperanza Namentres que lúa brile E durmes a miña beiriña. Noite da esperanza Queimado o sol ficou, E somentes as estrelas fican, Estás a miña beiriña, E somentes apreto unha almofada sen peitos. Noite da esperanza Durmo entre os sonos da liberdade, E unha desesprada agonía ilimitada Habita no meu interior. Noite da esperanza Os eidos cheos de balumada E estáticos os corazóns E a imaxe túa Ateiga unha boca chea de bicos. Noite da esperanza, Os barcos e os bois Marcharon dos peiraos e dos alpendres. Noite da esperanza Xurdíu entre o amor que non esquezo, Antre unha loita Con unha almofata sen peitos. MIGUEL DUBOIS