LAR DO AMOR
Luz da ledicia constante Non me falles, Aluméa os meus sonos réais, Fai do día escuro Unha constante luminosa. Habito en min mesmo e no que son Sendo, tamén, a resultante doutros froitos achegados. Faremos das nosas noites Constantes amorosas asulagadas De cumios acesos de felicidade. Abriremos as fiestras pechadas E faremos da nosa porta Un camiño ao mundo amoroso. Pasaremos as noites achegados, Apretados aos nosos corpos espidos Acesos ao cumio do gozo e do amor, E pasarán os tempos de tódolos tempos E os dous amarrados estaremos a decisión de amarse constantemente. Pasaba pertiño, da casa amorosa, un turista estranxeiro con compaña grata E díxoo a súa querida compañeira: Din , Lilliam que neste lar antigo Habita, aínda unha parella cáseque lexendaria E din que neles o amor nunca remata. Miguel Dubois.