Entradas

Mostrando entradas de noviembre 20, 2008

PEDRA GRANÍTICA FRÍA

Pontevedra, ao 20 de novembro de 2008. Vida querida vida enteira, Pasas rápida  e avanzas en silencio, queda e persuasiva. Vas deixando atrás un mundo enteiro de perfectas lembranzas. Queimas o tempo lento, avanzas pedindo máis tempo o tempo, As avenidas longas, e as rúas estreitas, Fican na fisonomía da paisaxe permanente, E nós seguimos na percura de máis tempo. Tempo que esgota ao tempo, Días que suman anos enteiros, Unha vida enteira as bóas lembranzas O tempo silencioso Os días de troula e risa continúa. A vida pasa e pasa E fica fría a pedra granítica.        MIGUEL   DUBOIS