Entradas

Mostrando entradas de septiembre 17, 2008

PRAIA DE RONS

Imagen
PRAIA DE RONS. Cantos anos, mellor veráns enteiros vividos, Neste fermoso lugar de Rons, Nome aristocrático, Península de Cantodorxo. Euforia iifantil, choro de un neno loiro Ou de cabelo negro coma o carbón daquelas caldeiras Xa inexistentes, Caldeiras da lembranza E o fume da gran chaminea ríxida e longa , Inexistente chaminea ergueita. As mullleres vestidas en verdes mandiles Escritos seus nomes en letras bermellas Ían a fábrica conserveira, Limpaban o peixe coidadosamente, Sen axuda de máquinas automáticas, Ían enlatando o peixe nos envases prateados E o aceite andaluz das olivas de Xaén Mollaban o alimento froito do mar de Arousa, Ou de mares alleos a esta fermosa Ría da Beleza, Na que durma tranquila e leda A Illa da Arousa. Tempos da miña nenez querida, Julio, Fofi, Mari-Glori, Clemente, Quitita, Arturo, José, Perico, Lisi, Cecilia, Pepa, Antonio, Gloria, Adriana, Agustín, Paquita, Clemente Pai, Carlos, Nocha, Ricardo, Virginia,...

NOCTURNO FOTOGAFICO DENDE SAN VICENTE DE O GROVE

Imagen
BELEZA DUNHA NOITE DE VERÁN. Sálvora Illa dos deuses marítimos ao fondo. Maravillosa Ría de Arousa, Verán nouturno, San Vicente de O Grove, Barcos pescando dabondo e continuo E no teito do ceu unha estrela sorprende e brilante, Un astro maravilloso Que afunde a noite enteira Nun ton de dourados fermosos. Cons e pequenas Illas de Cons. Naturazeza maravillosa, Dende San Vicente de O Grove. Delirio delicado dunha Naturza perfecta e nocturna. Miguel Dubois

CANTIGA PARA UN FERREIRO SOÑADOR

Martelo duro, pum, pum, pum...plam.. Forza to traballo forte e forte. Dame o pan merecedor. Martelo que bate con todo a rabia posible, Plam, plam, pla... Dureza suprema e calculada. Ferro cambeante, Fragua ardente, Forza exacta, Sudor da fronte, ferreiro forte, Traballa na fragua, do calor intenso, Intenso calor e forza dun ferreiro forte, Golpe constante, Golpe fixo, Ferro moldeable, Plin, plin, plin.. O sudor é calido e costante, Toda a forza suprema, leva no seu brazo forte. Plon, plon, polon... Ferreiro, fragua, ferramenta, forza... No taller da fragua ardente, O ferreiro moldea ferros antes tesos. Figuras fermosas esculpe, Pezas arranxa a destra e sinistra. Ferreiro do ferro da Rúa do Ferrol, Construo sonos quentes de ferro A un razoable prezo. Miguel Dubois