O FRÍO NA NOITE NEGRA Rompe con ese xéo lento e frío, Brancura amarga e penetrante, Témpano xeado queimador da friaxe, Abrigo externo que me cobre a pel espida, Encende o lume da fogueira fermosa, Lapas de lus azul e amarela beilando ondulantes, Lapas longas coma linguas quentes e longas, Invítame a quentarme a súa bendita beira. Sol nocturno rodeado de escuridade perversa Vete e bule e escapa do frío mortífero, Silenzo permanente e nouturno. Que sensación tremenda da perda da quentura, Ausenza da calor vital, Espanta as tebras do medo fondo, Fondo dos pozos negros, Apárta de min este frío tremendo, Corazón conxeado e insensible Déixame de esquencer para construir, Vales fermosos e verdes, Como existan na bela Irlanda querida Cunha paisaxe de extensos campos De herva verde, delicia da paisaxe. Eu, tamén, igoal que ti, Quixera querer tanto, e perfectamente Aparta de min esta friaxe intensa, Déixame quentarme a túa beiriña quente. Non me deixes abandonado. Coma unha pedra dura e senlleira, Suxeito a cultivar un corazón xeado, Invítame a participar da túa calor constante, Eu, por ter, teño unha mirada fría e perdida, Espida e constante pero moi fría As mans xeadas coma se non tiveran vida, Dame a túa man quentiña e liviana. Invítame a participar da túa calor constante, Arrinca de min este Imperio Xeado, De door constante e medo confuso, Dame a ledicia roubada, Por aqueles individuos, De corazón frío. Mágoa! Malditos sexan os bandidos voraces, Aqueles que derruban a verdade concisa, Coa palabra inconcisa e tremenda. Teñen frío corazón, E longa lingua iñorante Coma a neve nos brancos cumios outos, Sentimentos fríos coma un inverno puro, Levan frío no corazón cobarde, Teñen o medo de sí, perversos, Constrúen as verdades inexistentes, Firen a sensibilade allea, E fican ledos os perversos iñorantes. Mágoa! Maltita sexa a mentira maldita, Malpocado cidadán mentireiro E torticeiro, é coma unha inversión absurda, De valores verdadeiros. Que frío teño, muller linda, De lindos cabelos longos Porque non me das un cachiño pequeno, Da túa calor forte, Insufla o meu amor doído, Arrinca de min toda esta pesadumbre inmerecidade Deixame a tí amarrarme enteiro, Coma un naúfrago mariñeiro que quixera Amarrarse a un salvavidas redondo e de cortiza A tristura constante é a miña dona enteira. Como invadir teu corpo enteiro, Como xunguirme a ledicia pura, Como esquencer a door dooroso, Que fae queimar de door o curso das miñas véas, Ríos longos dadores de vida pura. Como evitar o laio duro, A constante lavazada tremenda Que reventa ao silenzo particular, Do ar ateigado de medo perverso. Como esquencer a tristura queixumosa, Como non me invitas a falar, Do mundo ledo, da vida enteira, Aínda que se por for fora, Un sorriso falso e atrevido, Alomenos sorriso ledo. Quixera que me invitaras, Claro está, se tu quixeras, O ser imitador dos teus perfectos sorrisos. Quixera, que me axudaras, A esquencer as noites negras, A ensinarme por onde é O camiño da bella lus, Quixera esquecer, por sempre, O mundo escuro, A pantasta nouturna que manca, dabondo, Ou as casas derrubadas. Porque lugar se colle o camiño, Por onde se ergue a lus do día, Bágoas e bágoas caen no corazón triste, O vento forte brúa, O choiva fría bate fortemente, Detrás do vidro da fiestra. O furacán chama á defensa, De tan brutal combate nautural. Alomenos din: Despóis da tempestade ruín, Chega a amada calma. Miguel Dubois | ||
|
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
sábado, 25 de abril de 2009
O FRÍO DA NOITE NEGRA
AMOR E DOZURA É VIVIR
Suscribirse a:
Entradas (Atom)