UN MUNDO TURBIO
AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra, 6 de maio de 2009. UN MUNDO TURBIO O silenzo constante, Domina a maneira absurda, De estar no mundo extraño, Estou sen estar, Por estar como un ser absoleto, Coma un paxaro prisioneiro, Que é dono da súa falla total De libertade desexada, Sentimento constante opresor, Que che oprime no peito dooroso, Unha gorxa seca, un sentimento amargo, Unhas palabras torpes e inauditas, Son o paxaro engaiolado, Que perdeu o desexo cantor. A ledicia roubada. Asumo a miña prisión incalificable, Desexo liberarme De todo aquilo que me oprima, Dor habida por inicios enórreos, En situación de perda Da personalidade propia, Froito manipulado, cobardemente, Polo mundo alléo, Víctima manipulada. Que constante pena, Cando no me interior torpe, A pena medra, sen xusticia. Teño unha pena negra No fondo escuro e negro. Do meu partido peito.. Roto está meu peito. Cal é o senso real e puro, Da verdade intrínseca? Onde morren os dereitos libres De cada un de nós como seres humanos?...