sábado, 19 de mayo de 2012

AS GAVETAS DAS FACTURAS PENDENTES. TEORÍA DO DISCURSO DESORDENADO. TODO É UNHA GRANDE MENTIRA

AMOR E DOZURA É VIVIR








Pontevedra, ao 18 de maio de 2012




AS GAVETAS DAS FACTURAS


PENDENTES. TEORÍA DO DISCURSO


DESORDENADO.



TODO É UNHA GRANDE



MENTIRA



Mentir é un feito común,

A verdade non se quere mirar,

Porque ataca a base pola

Súa mesma palabra xusta,

Que non esbara por

Linguas longas mintireiras.

Míntote, para facer máis grande

O densengaño consabido.

Mentira xeral á pluralidade

Verdade disfrazada de puro negro.

A verdade é un soño agachagado

Namentras a metira é o discurso

Normal, meu ben querido.

Mentiras delirantes e abusos

Constantes coa faciana desafiante.


Verdades deixadas no fondo da

Lembranza, do que é a íntegra

Verdade que fire a mentira perversa

E fonda do tesouro roubado,

Fica con mentiras, minte e medra

Cós teus inventos delirantes.

Diantes dos micrófonos acesos,

Nas letras dos diarios delirantes,

Ou nas emisoras de radios

Perversas, que firen sensibilidades,

Ous nas pantallas das televisión

Que inventan o discurso convinte,


Inverso a relidade social necesaria.


Adéntrate nas falsas palabras


Absurdas, que atacan aos seres


Febles ou necesitados,


Chamados seres desengañados


Polas verbas que pon enfermos


Aos que de Sanidade terían


Que disfrutar as vinte catro horas


Dun día enteiro vivido,


Con total igualdade de dereitos


Gañados. por aqelos dereitos


Que se rouban de cotío,


Na contras dos Dereitos Humanos


Dos seres homes e mulleres,


Queiman os tímpanos delicados.


Delicadas mentiras ou, se queres


Mentiras delicadas de voceciñas


Astutas e transgresoras.


Pero hoxe, tamén, vouche mentir,


Porque acabarás rematadamente


Engañado, namentras eu


Sen querelo engordo


Meu Capital mentireiro.


Medran e medran os cartos


Especulativas, froito


Dun pobo, que de xeito inxusto,


Paga os erros dos Señores


Delirantes de Bancos e Caixas


De Aforros, de comportamento


Inusual con venda de tóxicos


Productos, que engañan


De feito constante,


Imcomprensivos, que sorrindo


Saen nos medios da Comunicación


Sociai e adversa, delirio capitalista


Pobo condenado á pagar,


O que lles foi quitado


Sen vergonza e con alevosía,


Escándalo financieiro,


Namentras as necesidades


Máis primarias e necesarias


Convírtense en estatuas petrificadas,


Que, somentes, entenden dun frío


Intenso que somete ao ser humano


A necesidade máis necesitada,


Dun plato de comida quente,


Un lugar onde durmir a cuberto,


Ou aquel castigo tremendo


De desauciar os seres insolventes,


Non me digas que eu non che digo


A verdade íntegra, aquela,


Que sin querelo convence.


Rematando, a Nosa Sociadade


Convirtísuse en unha realidade


Contrasociai, onde o fenómeno


De Coherencia Sociai


E Civilización, son palabras,


Totalemnte espidas.











Miguel Dubois Thenaisie.