Pontevedra, ao 1 de xaneiro de 2010.
VINTE DEZ
Onte dixémoslle adeus,
Por tódolos tempos
E de súpeto empredemos
Coma un cabalo que choutóu
O outo obstáculo para
Ir ao outo lando do tempo
O tempo máis outo en número
Formado por un vinte e un dez.
Bridamos por tódolos deuses
Brindamos por tódolos demos,
O tempo é unha máquina
perfecta,
E imparable. E xa estamos
Neste número da hestoria,
Que nos traerás: ledicia inmensa,
Alomenos ledicia, quizáves.
Que nos traerás: pranto amargo,
Cara suorasa, bágoas tristes,
Golpes inútiles?
Que nos traerás, digo eu:
Vinte dez, vinte bicos amorosos,
Des disgustos mortais?
Que me vas dar vinte dez,
Dúas veces dez máis unha vez
dez?
Dame o mundo no que habito,
Dame o alento respirable,
Dame o canto do paxaro ceibo.
Soltade aos paxaros das
gaiolas,
Que piden liberdade para o
ar limpo.
Dame o que mereco
E quítame o que non me
correspode,
Non vivo do conto inútil
Non vivo da miserento
esnovismo,
Vivo contigo, codo a codo,
Man con man,
E imos sulcando o camiño
aberto,
Vai anos dabondo,
Pole ben creído
Ou polo engano inxénuo,
Por unha palabra torpe,
Por un berro inútil.
Que é o que nos darás,
Vinte dez,
Que sorpresas inesperadas,
Estarán agardándonos?,
Se fóras máis boíño
Que o pasado ano,
Canto che vou a querer,
Vinte dez!
Dame o curso dos ríos limpos,
Dame as amizades novas,
De Sau Paulo, Brasil,
A xuventude querida,
O futuro preciso.
Dame a vida para vivila
Dame o barco lento,
Para navegar despazo,
Na miña vida serena.
Habito andando e movil
Camiños do campo galego
As raiolas soares,
As pingas frías
No inverno branco e nevado,
Danme máis folgos,
Para sentir a parte agradecida
Da miña vida.
Dame o qu mereco.
Non mereco o que non
Me pertenzo.
Miguel Dubois.