martes, 29 de diciembre de 2009

AMOR E DOZURA É VIVIR


 
Pontevedra, ao 26 de novembro de  2009.
 
 
 NAMORADO DO MUNDO
 
 
Tanto amar a vida,
A vida enteira,
Tanto querer sen querer,
Tando espidirme coma non.
Habito en min, afastado
Do mundo valeiro,
Achégome ao extremo longo
Do teu sorriso craro.
Cando habitamos os dous xuntos,
Pena fonda ou agarimo constante.
Non sou máis que o teu sorriso aberto,
Non son máis cá noite aberta,
E tí, no cumio da noite estrelada,
Non, non podo explicarche tanta beleza.
E ríome por rir, e choro por chorar,
Habito no meu ser
Mais non sei en que pensar,
Perdido nesos intres asulagados,
De lembranzas queridas,
Ou de tempos habitados
De soños constantes.
Eu vivir, vivo para tí,
Para te calmar a túa sede amorosa,
Para fundirme cós teus soños despertos.
Mais eu son eu, eu amarrado a tí,
Mesturo o humano e o divino
E a vida pásame rápido,
Coma un bico tenro téu,
Nos meus famentos beizos.
Escoita o vento dos verdes piñeiros,
Escoita a auga fría da choiva constante,
Meu amor, estamos no inverno carregado
De vento forte. Mira como caen as pingas
Da choiva fría sobre o cristal da fiestra.
Dame a túa noite enteira,
Eu a ti me achego,
Antre bicos e agarimosas caricias.
A noite está pecha, meu amor,
Meur amor constante,
O amor que sempre conmigo está,
E cando de tí  afástome,
Estás no meu corazón interno.
A vida non é un soño perdido,
A vida, é o día a día,
A forza do constante traballo,
Mais voume perdendo
Antre o teu peito,
Namentras penso,
Bágoas na faciana
Que un mundo mellor virá.
Estou contigo aínda que
Contigo non estéa,
A vida segue a noite non rematou,
E chegará a crara alborada,
Eu a túa rente,
Ceibo da vida,
Namorado de ti.
 
 
 
                     Miguel.