Entradas

Mostrando entradas de diciembre 24, 2008

MENIÑO DEUS

AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra, ao 23 de decembro de 2008. O tempo de tódolos tempos, O tempo da ledicia constante, O tempo que me achega ao Nadal, Meniño Deus, Mañán virás ao Mundo, Como o fas en cada ano Do teu almanaque longo. Meniño Xesus, Estará quizáves a noite fría mañá, Que a túa nai querida, Che dea a calor perfecta, Mañá virás ao Mundo Meniño Deus. Miguel Dubois

BEATRIZ

AMOR E DOZURA É VIVIR BEATRIZ FELIZ NADAL e moi feliz 2009 Benquerida Beatriz: como pasa o tempo, como se pasa a vida enteira, como medraron os nenos, namentras outros meniños e meniñas, como os vosos voltan, de novo e de xeito individual e único o seu propio crecimento. Que parella más fermosa tendes! Crecen moi rápido, ben o sabes. Disfrutade deles, dalles todo o cariño e amor do mundo, porque non hai verba máis fermosa que "amor." Que faríamos neste mundo sen amor? Pasamos unha tarde, sumamente lediciosa na casa de Tino e de Balby. Eran intres perfectos cubertos dunha certa maxia atemporal. Xuntábanse xeracións diferentes pero todas elas xunguidas polos lazos afectivos e comprendidas dende altas edades até as edades máis deliciosas. Vivimos para vivir, vivimos para cumplir cós nosos traballos , cós nosos momentos de lecer e nos facemos un pouquiño máis grandes, coas deliciosas cousas pequenas, aquelas pequenas cousas que nos cobren de...