sábado, 7 de marzo de 2009

CARMEN DE ROSA

AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 7 de marzo de 2009.
TIVEN QUE DECIRVOS..ADEUS.
A door tremenda habitaba dentro de nós,
Aínda habitantes deste mundo vivinte,
Intres de impotencia ante nada poder facer.
O deserto da vida vivida, a nada,
O abandono da estancia temporal
No habitáculo vital,
Meu corpo acompañante do meu ser físico,
De que xeito poder contar cantas experiencias vividas.
Canta vida entregada a todos aqueles que tanto quixen.
Que suprema adoración a miña Terra Querida,
O miña pequena aldea, un mundo máxico e fantástico.
Que luxo de tempo vivido pertiño da Ría de Vila do Mar.
Miraba coma se fora unha Illa Máxica,
A Illa de Rei Deposto,
Lémbrome cando ti e máis eu,
Collíamos a pequena barca de remos pesados,
E ti vogabas e vogabas, sudando soños reais
Abertos ao mundo luminoso,
Coa forza suprema dos teus fortes brazos espidos,
E fitabas en min un sorriso delicioso.
Deixabas varada na pequena praia senlleira,
De branca area descasando a súa beleza limpa,
A pequena embarcación de forte madeira,
E os dóus na Illa do Rei Esquncido, faciamos de dous corpos
Xunguidos nun só bordeados das nosas continúas apertas
O símbolo do noso amor constante.
A mirada das outas arbres facáinme soñar,
Nun mundo fantástico no que a tí me entragaba enteiro.
Tardes de amor fondo na soidade da Illa do Rei Esquencido.
Rechouchío máxico de músicas lindas e amarelas,
Canto tempo contemplando o verbo máis amado,
Qurerte no cumio perfecto do verbo amar,
Sentir a fermosura linda vila de Porto Peirao, mariñeiro,
Mundo de polígonos acúaticos de ameixa fina.
Manxares deliciosos salgados de auga mariña,
E o Sol quentaba en días soleados e facían perfecta
A fisonomía da da beleza constante,
Desta Ría de Vila do Mar que enfeitízame,
Sen eu desexalo e querelo.
Somentes con mirala e aviscar,
A suprema beleza natural
En Aldea Linda, moito traballamos,
Cantas horas seguidas de sacho cavando,
E o carro das vacas marelas e lentas,
Era o noso medio de vida.
Cargabamos toda a nosa mercancía preciada,
Froito do noso traballo feito,
Camiño dun receptor que fora comprador
Do noso esforzo sudado de hora a hora,
De sol a sol. Trasego forza e desespernza.
Eran duros os momentos,
Non era o preciso instante dos laios perdidos
Nos cumios das montañas achegadas
E traballamos tanto,
Tanto, tanto, tanto,
E fun parindo o noso futuro,
Queridas criaturas benvidas ao mundo vital,
Que tempo tremendo, que dureza de feitos.
Fomos abrindo vieiros no mundo duro e real
E o tempos pasaba. Eu cáseque non podía medir
O tempo de tódolos días, e outro.
Días de pranto irreverente,
Días de festa continúa,
E a ledicia saía pola boca dun cantante xove,
E no adro todos bailamos,
Os bailes que non se esquecen.
O Xan do Con Negro, tocaba
Punteiros de gaita galega,
Eu suspiraba fonda,
E dábame a sensación
De vivir no Mundo da Máxia Fantástica.
Abría os meus ollos e ti na miña fronte,
Meu amor querido,
E os meniños xa tiñan anos,
Non moitos cumplidos,
Pero algúns sí,
E marchabas ao monte Bravo,
E coa toda a túa suprema forza,
E o fío recén afiado da machada nova,
Corbaban enérxicamente,
Os verdes piñeiros.
O carro estaba cheo e pesado.
Avante vaca bé.
E o tempo, sen darnos de conta,
Ía sumando anos diferentes.
E todo cambiaba.
Iamos saíndo para avante,
Xa podiamos cáseque esquecer
O mundo pobre e miserento,
E traías á casa recén feito,
As ledicias do mundo moderno.
Uxío o primoxénito responsable,
Tiña un cabelo loiro lindo,
Xa ía Uxío mocear.
Entón, pensei, rapidamente en ti, meu amor.
Cando iamos a Illa do Rei Esquncido naqueles tempos
De vellos botes de remo
E os pailebotes atracados no de Peirao fermoso
de Porto Peirao
E logo pensei naquel amigo teu de Vilarián,
Chamado Manoel Antonio.
Tatiana xa tiña corpo de muller,
E xa comezaba a enamoralos mozos miróns,
Porque Tati, era unha linda flor
Do xardín vital.
Alberte o máis novo,
Era o máis mimado,
A máis linda criatura vivinte,
Alberte,vivía antre o seu mundo máxico
E o mundo real, dóus mundos, totalmente,
Antagónicos.
O tempo afaciáse ao seu continúo paso.
Un día do verán fermoso,
Mirei a tristura definida.
No espazo da túa faciana
Faciana de casanzo,
E có paso días da vida enteira
Dixechénos Adeus ao Mundo e a Nós,
Xa non podía pensar naquel abrazo amarrado,
Na Illa do Rei Deposto,meu amado
Xa non había un fermoso bote
Mais ben un praia esquencida,
Un tempo deliciosa pasado.
Olvideime da miña identidade,
Don Mundo e dos demáis
Agora estamos os dóus xuntos
En amor, de novo e , en compañía absoluta,
Por tódolos tempos de tódolos tempos.
Miguel Dubois