Entradas

Mostrando entradas de agosto 6, 2008

CASQUE QUE TORMENTA

Imagen
A foto é moi bonita. Representa o peirao do lugar de RONS, no Concello de O Grove. Se vos fixades na punta do peirao, está atracando unha DORNA, típica embarcación galega, que pertence a unha persóa que eu quero moito. É FOFI POUSA, un home delicioso, eu polo menos o quero moito, non porque me albergue na súa casa cando vou a Madrid, se non porque é bon. Fofi ven acompañado polo marido de LOR, unha muller francesa que habita, tamén, nese gran Madrid. O GRIS é a cor dominate da fotografía. Enrina do dorna hai un punto vermello e eso quere dicir que a vela do barco é vermella e está feita por meu querido amigo JULIO POUSA, irmán de FOFI, e que somos amigos xa de tódola vida. O lugar da fotografía chámase RONS que é un lugar femoso do Concello de O Grove Pontevedra, ao 11 de agosto de 2008. Deíxame vivir, sempre, como eu quero vivir. Quixera vivir amándome no sumo arte amar, Quererte con toda a miña forza posible Posibilidad máis que posible. Máis ven verdadeira encantada de máxima beleza...

Rosalía de Castro

Imagen
Non é doado falar de Rosalía. Lémbrome dun libro sobre a súa personalidade e obrqa de Xesús Alonso Montero, a quen coñecín hai moitos anos na cafetería Marbella da cidade de Vigo. Mándame meu querido amigo Manolo Lueiro . Alonso me dixo que falara con Xosé Luís Méndez Ferrín. Falei máis tarde con Ferrín pero daquela concversa non salira nada que se fixera decir que íbanse coñecer os meus versos.

Lorenzo Varela, nado nun barco para La Habana, foi amigo de Manolo lueiro. Está soterrado en Monterroso

Imagen

Manolo Lueiro

Imagen
Manolo Lueiro, foi un bon amigo meu. El mesmo e Arturo Cuadrado animábanme a que eu escribira. Eu non que non  daba, demasida, importancia a súas palabras, pero sempre me daban folgos. Manolo Lueiro,  foi de min un pouco de todo: pai, amigo, compañeiro, colega. Grazas a él coñecín no ano de 1979 a Rafael Alberti . Parecíma un sono pero era verdade., Meus amigos, Suso e Marieta foronno buscar a Santiago ao aeroporto. No cine " O Marino" , de aquel O Grove máximo, fíxose un gran espectáculo poetíco. Alí estaban: Antón Tovar Bovillo, Manuel Cuña Novás, Manuel María, Bernadino Graña, Uxío Nononeyra, Indio Juan, Arturo Cuadrado.  Alberti estaba pasando por un grato intre de recitaxe e, como non dixo que él, Nunca entrara en Granada. Todos ficamos maravillados. Cando rematou o recital pedinlle a Manolo Lueiro,  que me asignara un dos seus queridos libros, coma, Escolma Ferida, Manso, Non debían medrar, O sol na crista do galo.. Este verán pasado, querido Manolo, pasmos un intre de...