Entradas

Mostrando entradas de octubre 11, 2008

AMOR CONSTANTE

Quérese, tanto e sempre, No afastamento das Illas Perdidas, Quéroche, perto e tanto, Na distancia dun bico, perfectamente, bicado. Darche agarimosamente, un cacho de bica quente, Agacherme ao teu carón, moi agachadiño Ao carón do teu corpo perfecto, A carón do teu espíritu soave, A delicia de estar, sempre, contigo, E cando marchas cedo de mañanciña, Sentirte no interior de min, Achegada ao que son Tal como ti me aceptas, Non ben que procuro facer Ou no mal que, equivocadamente, fago. Son coma un camo de esperanza fertil Ti eres o futuro da fertilidade íntegra, Eres toda, enteira tí Pola noite longa E na perfección do día ben vivido. Que delicia tan maravillosa Resúltame as ondas do mar milenario A túa querida beira bendita. Bendita sexa a luz que nós alumea Polos camiños longos desta vida incompleta, E chegará o comenzo dunha noite longa, Chea de ledicia na que Ei hei de amar ata o fin De tódolos noites, meu amor. Miguel Dubo...