Entradas

Mostrando entradas de agosto 21, 2008

flores fondas neste ano de 2008

Flores fondas, fermosura desta polícroma flor perdida, primavera intensa, cumio colorido, nazón da beleza constante, aberto estóu a gama do colorido fondo. Voces de lus creativa; invédeme os extremos dos dedos longos como alfinetes que apuntan dereitos, a unha combinación fixa de letras esparramadas, que contrúen as palabras dos versos perdidos e cosidos con fíos de fermosura fresca. Flor intensa que habitas os límites da vida constante, que queima, sen piedade , e que suman anos de abondo. Vida das vidas, na que habito, habitante solitario de min mesmo, ser solidario constante e rutinario. A vida íntima é natural e afáiseme unha rutina estúpida que me afunde na lembranza de que son un nome concreto, que eleva en cifras a vida vivida, e as veces esquenzo o presente do verbo amar, e, as veces, penso, que un día vivía pendurado, antre os teus beizos e que de m...