DELICIA CONTRA AMARGURA
Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008 Imos para avante, con dabondo carga pesada. Facemos a vida enteira no camiño cotián. Días doces coma a marmelada doce, Fanal do Rei e da Raíña. Días amargos coma o zume do limón amarelo. O pensamento viste de elegante color camuflado, de camuflado vai o pensamente habitado, e non di o que pensa, mágoa, é entón cando as palabras pronunciadas levan vestido de pantasma mintirán. Habitan as mentiras enteiras, o falso froito de pensamento amargo, amargo de non apertar a vida enteira coa forza debida e habida. Fora falsos choros e laios de falsa queixume adverso e inútil peito aberto a vida enteira, alta a testa e fito a mirada comprida longa, rebelde e disidente na falsedade dunha mirada traizoeira. Visto de verdade enteira o pensamento enteiro canto cancións de ledicia absoluta, descubro o senso da fervenza feliz, habito, sinto e toco. Paso a vida enteira vestido de sorriso di...