LEMBRANZAS DO MUNDO DE EAST ANGLIA
Benqueridos compañeiros e compañeiras: supoño que na vida debemos de levar o acontecer cotiá do mellor xeito posible. Gustaríame compartir con todos vós, por escrito, as bonitas experiencias que poidemos pasar en NORWICH. Sei, perfectamente, que houbo xente que pasou momentos duros, ao mellor porque a máquina corpórea non estaba a punto, ou ao mellor, pensabas, sempre, no mesmo asunto, e non saías del. Boeno é coma estar no ponto de saída, querer avanzar e ser "incapaz". Todos sabemos o sin sabor destas situacións desagradables, pero, claro, as veces, arrincar custa e por a máquina en movemento aínda máis. Diría Alfonso Daniel Rodríguez Castalao, "Cousas da Vida". A vida si a vida: un do dereito e outo do revés. Boeno, sigamos: agora que son "bloggero" que non é o mesmo que "rockero" podo compartir con todos vós as miñas experiencias, as cousas máis pequerichiñas da miña vida que son as máis fermosas. A chegada, se vós lembrades a HEATHROW, foi, ...