viernes, 12 de septiembre de 2008

LONDRES

O mundo soave da luz

Dun día de setembro perdido

Alumea cor escuro da noitiña

Que esquece a función, elemental

Do verbo amar;

O querer ser sen engadidos

Ou pertenzas alleas,

Que non son propiedad do que escribe.

Vivo perto da lus de setembro que cáseque morre,

Esquecendo a ledicia dun verán máis,

Dun verán nas terras estranxeiras

De lingoexe diferente.

Aló ficaron lembranzas belas,

Carregadas de beleza propia

Dun país xeneroso en economía

Con grandes diferenzas

No status sociais existentes.

Vexetación fermoso e verde

Árbores asulagadas e ateigados de beleza suma e constante.

Casas grandes e fermosas

Que lembran os tempos daquela

do Bristish Empire

Ou Imperio Británico.

Todo un gran parque de arquitectura luxosa

Onde non se malgastaban cartos

Naquela sociedade victoriana.

A Capital é fermosa

Aínda máis fermoso é

A mistura de cores da pel de xentes diversas.

Formigueros humáns

ateigan as rúas londinenses

e de súperto, coma sen sequelo

Érguese o tempo da memoria morta pero presente,

A hestoria, todo aquilo pasado

Que xa non é.

A beleza dos parques,

Os fermosos cisnes de longo pescozo,

Os parrulos torpes e soaves

E no fondo de Saint James Parck

Érguese a poderoso construcción

de Buckingham Palace.

Outra vez, de sócato,

A memoria ateiga a miña testa confundida.

Xa moi o fondo miras coma un soldado mecánico

En casaca bermella e longo sombreiro negro,

Vai facendo unha garda constante

A feito de atención turística.

A Gran Ollo de Londres

Esa gran noria xigante,

Convirten a cidade

Nun perfecto parque temático

De longas e perfectas ringleiras humanas.

A Máquina do Tempo

Érquese poderosa e bela

E o son das campás asulaga o ar

Carregado das nosas voces turísticas.

A beleza estrircta e lineal de Wetsminster Palace,

Lugar de combate político,

Primeiro Parlamento Democrática

Da bela Europa colonizadora.

Os Thames corta coma un coitelo brilante,

De lus penetrante, tirante e perfecta

A cidade e as súas augas son habitadas

Por fermosos barcos turísticos ou barcos de guerra

A xeito, quizaves de lembranza ou Museo Naval.

Que longo resultaría explicar a beleza londinense.

Pero a cidade antre a lembranza das grandes épocas

Das épocas dominantes

Até este actual Londres, diferente,

Máis quedo e definido.




Miguel Dubois.

TI

Non teñas medo

Afronta valentemente o teu,

Sempre o teu.

Que ninguén faga de ti

Un farrapo bello,

Coma se foras alguén inútil.

Non dubides dabondo.

Toma a decisión constructiva.

Dermanda o respecto merecente

Sé, sempre, ti mesmo.

Non invadas o campo alleo,

Pero esixe o mínimo para a convivecia saludable.

Rexeita o tratamento imperativo

Antre seres semellantes.

Esixe nada máis o que debes esixir.

Non ten vendas por dous patacos suxos ou limpos.

Ergue a testa, camiña sen medo,

Sendo o que ti eres: ti.

Son o que son, e non

O que outros queran que eu sexa.

Non soporto a mentira cotiá

Non soporto as conductas covardes

Non soporto os sorrisos falsos

Que nada me din,

Nada máis cunha expresión absurda

Da linguaxe da faciana sorrinte

Que pola banda datrás apuñala a verdade oculta

Do momento do sorriso,

E aquel rostro grato se metamorfosea

En palabras ferintes

Que invaden o campo alleo.

Que miseria delirante

De palabras torpes e hocas

É o vación constante

De non atoparse asemesmo.

É o laio que non cesa

E agora che deixo

Porque xa non me interesas.

Mágoa, mundo interesado

De demasiados intereses.

U-lo o amor debido

ou u-lo sentimento solidario?

Pero as verdades doen constantemente

Namentras as constantes mentiras

Tápanse cós trapos suxos

De todo aquelo que non lle pertence a un.

E así vamos desfacendo

En vez de contruir un mundo mellor

E máis xusto.




Miguel Dubois

jueves, 11 de septiembre de 2008

NON VAL A PENA




De súpeto, a xeito de estrépito


E mágoa tremenda

Xenerouse un mundo absurdo

Desconsolante, perdido no meio da xenreira premeditada.

Vanidosamente có rostro perdido

En meio de absurdas verbas

saían daquela fiestra confusa

Un desbarre absurdo e imperativo.

Eisí "algo", commo un anaco de rabia valdía.

Que mágoa, ser froito inmaduro

Da máis absurda imprudenza.

Que absurdo acto precocenbibo

No meio dunha inmadurez intelectual tremenda.

Que medo con tan pouca inmadurez acumulada

No paso dos anos vividos con amor case sempre

E polo odio promovido polo ser calado,

Que vai mintindo nas sombras da noite escura,

Canto a vida podería ser unha





Un canto constante de enteira delicia .




Miguel Dubois

miércoles, 10 de septiembre de 2008

AMOR e ODIO






Trátame coma son,

Mais non o que ti crees que eu son.

Trátame con agarimo doce,

Utiliza a verbe certa,

Non deformes o campo de verdade.

Asume o que tes que asumir.

Ocupa o lugar correspendente,

Ao lugar que ocupas,

Non inventes o que xa se inventou.

Non xeneres o inxenerable.

Acepto ao teu mundo propio

Non te afastes do que ti eres.

Asume a túa propia vivenza

O que ti eres e o que ti te debes ser,

Non finxas o que non podes ser.

Sé tí mesmo e ren máis que ti.


Acepta a túa vedade íntegra e enteira,

Non te ateigues do medo infundado.

Non xeneres discordia.

Non me fagas decir as palabras prohibidas.

Deixa que no xardín do teu íntimo cor,

Se xenere unha fervenza continúa

De bós sentimentos,


Carregados de amor sinceiro.

Non xemas cunha linguaxe inintelixible.

Xenera fontes de auga crara e limpa.

A area está crara cáseque branca,

E nos meus beizos introduzo

As primeiras pingas deliciosas


Do líquido máxico.

Sé, todo polo gran amor gratificante

E nunca xamáis seremos compañeiros

Da absurda vinzanga torpe e delirante.

Polo amor crezo constanmente,

E pola xenreira morro, inútilmente,

No eido do absurdo inferno de Dante Alighieri.

Érgome na realidade do senso vital medrante,

Decrezo cós sentimentos inútiles,

Os que doen coma coitelos de porlenana

Que se cravan na derradeira ialma perdida.

Vivo porque teño que vivir

A túa rente constante,

Amarrado ao campo valente do amor.

Vivo porque amo,

E se o odio invado no fondo do meu ser,

Son un ser sen sentido

Afastado da soliedaridade

Vivo para amar,

Porque necesito beber da fonte amorosa.

Que absurdo vivir da mentira e da inútil xenreira,

Que medo vivir a perda do tempo perdido.

Son eu cando amo

E se poidera odiar

Nono quixera facer xamáis.





Miguel Dubois

MENTIRA

Mágoa, polas palabras torpes

Firan os sentimentos alleos.

Que mágoa máis grande

Ter que alimentarse da torpeza

Sumida nunha venganza absurda de palabras inútiles.

Grazas por danarme os meus sentimentos,

Porque grazas a tí son máis forte.

Que mágoa é medrar por mor

Da dor allea,

Mais o dano que me achegas

Faime ser máis home.

Que mágoa máis grande,

As verbas tortas

As miradas tremendas

Que mágoa máis grande

É ser coma eres tí,

Daríame pena ser

Coma ti eres

A venganza non é boa

E a mentira

É unha constante presa temporal

E non están os tempos

Para perdelo tempo

En absurdas filosofías

Que firen os sentimentos alleos.

Que mágos.



Miguel.

lunes, 8 de septiembre de 2008

AMOR SUPREMO

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008



Habito no mundo enteiro

Para habitalo enteiro.

Habito en ti enteira,

Para posuir teu amor enteiro.

Habito e vivo, contra vento e maré.

Habito no mundo porque estou no mundo enteiro.

Para habitalo enteiro.

En cada segundo

En cada intre perdido

No habitáculo do tempo tremendo.

Estou eiquí para quererte tanto,

E perdelas horas enteiras nos teus beizos amorosas.

Habito no mundo enteiro

Para estar máis perto de tí,

Da quentura e da chama do amor aceso.

Que lento serán de amor me asulaga

A rente da calor reverenciada.

Ouh amor de amores

de tódolos amores concretos e abstractos

As noites mouras,

Convírtense en días de plena luz

Débome a túa fermosura permanente.

Débome a tí enteira no enteiro mundo, concreto e abstracto.




Miguel Dubois.
Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008







Anuncio despacio o paso do tempo lento,



Habito, sempre, o espazo correspondente,



Medito, fondamente, o fondo do meu princio

CANTIGA PARA AMAR E ODIAR

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008



Anuncio despacio o paso do tempo lento,

Habito, sempre, o espazo correspondente,

Medito, fondamente, o fondo do meu principio de meu ser e do meu

estar.

Son e estou para ser e estar o que quero ser e estar.

Respeto o espazo alleo,

A palabra que despide amor constante.

Sempre rexeito, constanmete,

O odio ao que detesto.

As inxustizas habitan en mundos despiadados

E as liberdades máis elementáis son violadas,

A xeito de constante traición.

De que mala palabra vestirás hoxe

A túa lingua de serpe bárbara.

De que xeito crabarás coitelos mentiráns polas costas.

Mais eu estou tranquilo,

Namentras creo no amor aceso.


Miguel Dubois.

domingo, 7 de septiembre de 2008

AMOR SI...NON AO EGOTISMO

Pontevedra, ao 7 de setembro de 2oo8









Canto che quero, meu doce amor,



Canto amor puro nun sopro silencioso.



O amor é un silencio constante



Que da e recibe dabondo.



Dareiche tanto, meu amor,



Que queres que eu faga por tí, meu amor?



Silenciar as dores da noi pecha?



Que queres que eu faga pot tí, meu mar?



Darche a miña vida enteira?



Entregarche o meu pensamento íntegro?


Durmen ao sol uns lagartos verdes


E atrás dos verdes piñeiros,


Pentiados polo vento do Sul forte da invernía total.



Ti e máis eu amándonos enteiros e íntegros.


Entregados ao amor dos nosos corpos espidos,


Entregados ao noso intelecto compreto,


Namentras unha linguaxe que balbucéa e palpita,


Ao ritmo de suspiros completos e prolongados.


E, de súpeto, sen quérelo,


Atópomo abrazado ao símbolo da libertad,


Que es ti, meu grato amor doce.


Que sin sentido é non querer e non amar.


Que absurda sequedade é a falla de amor.


Dame, canto, máis amor mellor.


O amor o é todo,

A mañá longa e sumisa


A tarde complicada abstracta


Ou a noite escura.


O que non ama é o que non se quere.


O egoista constante non ama,


Por iso constamente, rexeito,


A inxustiza e o desamor.



Miguel Dubois.

sábado, 6 de septiembre de 2008

AMOR FONDO

Pontevedra, ao 6 de setembto de 2008


Non me des o Mundo enteiro, se eu cho pido,

Danme un anaquiño de paz, tan si quera.

Non me vaixas a Lúa chea do fermoso ceu,

Dame un cachiño dunha estreliña brilante.

Sosego teño do teu presente fermoso


O día está tranquilo

E pola Rúa do Sosego, circulan vehículos dormidos

O día está quedo, porque son feliz,

Porque me quero tal e coma son,

Porque non rexeito a parte mala do meu ser íntegro,

E coido con ledicia a parte bonita do que eu son.

As farolas durmen acesas, dereitas polas rúas da cidade.

Os amantes constantes, bícanse docemente.

O Río está quedo e lene

A cidade bonita soña con ser más bonita que bonita.

E eu sono para estar contigo, solos e xuntos por sempre,

Meu amor fondo.



Miguel Dubois.

FLOR DELICADA

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2oo8.




Que necia verba vóa bolboreta torpe

No ar doce do xardín polícromo.

Que suma delicadeza a cor dos xeranios vermellos,

Que flor de desexo intenso

Asumo no paso do tempo vivido.

Achégome a vedade ,íntegro,

Fuxo bulindo

Do marmurio mentirán.

Xardín delicado das flores delicadas

Acollerme non lugar

Á vosa rente,

Lene e quedo.


Miguel Dubois.

MENTIRA. MÁGOA!

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2008.




Palabra tebra, marmurio falso,

Falsa palabra,

Engano miserento,

Deshaucio personal,

Infelicidade transmisora,

Sinistro da palabra morta.

Mentira constante descubro,

Na infeliz mente insconstante.

Mágoa o exceso da palabra,

O antiverso a palabra escachada,

Mágoa miseria humana,

Chama dabondo no mundo incomprensible.

Mentira e mentira Amén, por sempre.

Miserenta palabra rota e absurdo

Palabras falsas ateigadas

Do máis desalentador aire xusto.

Chaman a mentira,

Están reconstruíndo a mentira

Denantes constrído.



Miguel Dubois.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

REFLEXIÓN INTERNA

Ardán, ao día 3 de setembro de 2008.





O día está neboento, tranquilo e algo gris e escuro.


O corazón quente, aceso e ledo


E os días enteiros, pasan bastantes,


Sobre os días de tódolos días vividos.


An anguria bate con forza absurdamente,


E o dereito a vivir dignamente,


Fainos felices aos habitantes privilexiados


Deste Mundo de tanto mundos diferentes.


Mundos de primeira clase.


Mundos de segunda orde.



E o mundo de todo mundo esquencido,



Hoxe é o comezo dun mes novo,


Quizaves o Mundo enteiro,


Cambiara de xeito superficial,


Cambiara a súa pel vital de vivir aparentemente,


Pero no fondo da hestoria humana


Seguemos sendo os mesmos homes e mulleres


Habitando outros tempos históricos.


A esencia do home e a muller,


Quizáves sexa a mesma de sempre,


Por tódolos tempos dos tempos vividos e habitados agora




Miguel Dubois.