lunes, 8 de septiembre de 2008

AMOR SUPREMO

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008



Habito no mundo enteiro

Para habitalo enteiro.

Habito en ti enteira,

Para posuir teu amor enteiro.

Habito e vivo, contra vento e maré.

Habito no mundo porque estou no mundo enteiro.

Para habitalo enteiro.

En cada segundo

En cada intre perdido

No habitáculo do tempo tremendo.

Estou eiquí para quererte tanto,

E perdelas horas enteiras nos teus beizos amorosas.

Habito no mundo enteiro

Para estar máis perto de tí,

Da quentura e da chama do amor aceso.

Que lento serán de amor me asulaga

A rente da calor reverenciada.

Ouh amor de amores

de tódolos amores concretos e abstractos

As noites mouras,

Convírtense en días de plena luz

Débome a túa fermosura permanente.

Débome a tí enteira no enteiro mundo, concreto e abstracto.




Miguel Dubois.
Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008







Anuncio despacio o paso do tempo lento,



Habito, sempre, o espazo correspondente,



Medito, fondamente, o fondo do meu princio

CANTIGA PARA AMAR E ODIAR

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008



Anuncio despacio o paso do tempo lento,

Habito, sempre, o espazo correspondente,

Medito, fondamente, o fondo do meu principio de meu ser e do meu

estar.

Son e estou para ser e estar o que quero ser e estar.

Respeto o espazo alleo,

A palabra que despide amor constante.

Sempre rexeito, constanmete,

O odio ao que detesto.

As inxustizas habitan en mundos despiadados

E as liberdades máis elementáis son violadas,

A xeito de constante traición.

De que mala palabra vestirás hoxe

A túa lingua de serpe bárbara.

De que xeito crabarás coitelos mentiráns polas costas.

Mais eu estou tranquilo,

Namentras creo no amor aceso.


Miguel Dubois.

domingo, 7 de septiembre de 2008

AMOR SI...NON AO EGOTISMO

Pontevedra, ao 7 de setembro de 2oo8









Canto che quero, meu doce amor,



Canto amor puro nun sopro silencioso.



O amor é un silencio constante



Que da e recibe dabondo.



Dareiche tanto, meu amor,



Que queres que eu faga por tí, meu amor?



Silenciar as dores da noi pecha?



Que queres que eu faga pot tí, meu mar?



Darche a miña vida enteira?



Entregarche o meu pensamento íntegro?


Durmen ao sol uns lagartos verdes


E atrás dos verdes piñeiros,


Pentiados polo vento do Sul forte da invernía total.



Ti e máis eu amándonos enteiros e íntegros.


Entregados ao amor dos nosos corpos espidos,


Entregados ao noso intelecto compreto,


Namentras unha linguaxe que balbucéa e palpita,


Ao ritmo de suspiros completos e prolongados.


E, de súpeto, sen quérelo,


Atópomo abrazado ao símbolo da libertad,


Que es ti, meu grato amor doce.


Que sin sentido é non querer e non amar.


Que absurda sequedade é a falla de amor.


Dame, canto, máis amor mellor.


O amor o é todo,

A mañá longa e sumisa


A tarde complicada abstracta


Ou a noite escura.


O que non ama é o que non se quere.


O egoista constante non ama,


Por iso constamente, rexeito,


A inxustiza e o desamor.



Miguel Dubois.

sábado, 6 de septiembre de 2008

AMOR FONDO

Pontevedra, ao 6 de setembto de 2008


Non me des o Mundo enteiro, se eu cho pido,

Danme un anaquiño de paz, tan si quera.

Non me vaixas a Lúa chea do fermoso ceu,

Dame un cachiño dunha estreliña brilante.

Sosego teño do teu presente fermoso


O día está tranquilo

E pola Rúa do Sosego, circulan vehículos dormidos

O día está quedo, porque son feliz,

Porque me quero tal e coma son,

Porque non rexeito a parte mala do meu ser íntegro,

E coido con ledicia a parte bonita do que eu son.

As farolas durmen acesas, dereitas polas rúas da cidade.

Os amantes constantes, bícanse docemente.

O Río está quedo e lene

A cidade bonita soña con ser más bonita que bonita.

E eu sono para estar contigo, solos e xuntos por sempre,

Meu amor fondo.



Miguel Dubois.

FLOR DELICADA

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2oo8.




Que necia verba vóa bolboreta torpe

No ar doce do xardín polícromo.

Que suma delicadeza a cor dos xeranios vermellos,

Que flor de desexo intenso

Asumo no paso do tempo vivido.

Achégome a vedade ,íntegro,

Fuxo bulindo

Do marmurio mentirán.

Xardín delicado das flores delicadas

Acollerme non lugar

Á vosa rente,

Lene e quedo.


Miguel Dubois.

MENTIRA. MÁGOA!

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2008.




Palabra tebra, marmurio falso,

Falsa palabra,

Engano miserento,

Deshaucio personal,

Infelicidade transmisora,

Sinistro da palabra morta.

Mentira constante descubro,

Na infeliz mente insconstante.

Mágoa o exceso da palabra,

O antiverso a palabra escachada,

Mágoa miseria humana,

Chama dabondo no mundo incomprensible.

Mentira e mentira Amén, por sempre.

Miserenta palabra rota e absurdo

Palabras falsas ateigadas

Do máis desalentador aire xusto.

Chaman a mentira,

Están reconstruíndo a mentira

Denantes constrído.



Miguel Dubois.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

REFLEXIÓN INTERNA

Ardán, ao día 3 de setembro de 2008.





O día está neboento, tranquilo e algo gris e escuro.


O corazón quente, aceso e ledo


E os días enteiros, pasan bastantes,


Sobre os días de tódolos días vividos.


An anguria bate con forza absurdamente,


E o dereito a vivir dignamente,


Fainos felices aos habitantes privilexiados


Deste Mundo de tanto mundos diferentes.


Mundos de primeira clase.


Mundos de segunda orde.



E o mundo de todo mundo esquencido,



Hoxe é o comezo dun mes novo,


Quizaves o Mundo enteiro,


Cambiara de xeito superficial,


Cambiara a súa pel vital de vivir aparentemente,


Pero no fondo da hestoria humana


Seguemos sendo os mesmos homes e mulleres


Habitando outros tempos históricos.


A esencia do home e a muller,


Quizáves sexa a mesma de sempre,


Por tódolos tempos dos tempos vividos e habitados agora




Miguel Dubois.

martes, 2 de septiembre de 2008

DELICIA CONTRA AMARGURA

Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008


Imos para avante, con dabondo carga pesada.

Facemos a vida enteira no camiño cotián.

Días doces coma a marmelada doce,

Fanal do Rei e da Raíña.


Días amargos coma o zume do limón amarelo.


O pensamento viste de elegante color camuflado,


de camuflado vai o pensamente habitado,


e non di o que pensa, mágoa,


é entón cando as palabras pronunciadas


levan vestido de pantasma mintirán.


Habitan as mentiras enteiras,


o falso froito de pensamento amargo,


amargo de non apertar a vida enteira


coa forza debida e habida.



Fora falsos choros e laios de falsa queixume adverso e inútil


peito aberto a vida enteira,


alta a testa e fito a mirada comprida longa, rebelde e disidente



na falsedade dunha mirada traizoeira.



Visto de verdade enteira o pensamento enteiro



canto cancións de ledicia absoluta,



descubro o senso da fervenza feliz,



habito, sinto e toco.



Paso a vida enteira



vestido de sorriso diminuto



pero verdade enteira.



Atraveso os cruces dos camiños



polos camiños que a vida me di



e vivo dabondo e toco lene.



Sinto coma se henche



a vida enteira de ledicia pura.



Miguel Dubois.

SER O QUE QUERES SER

Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008



Pasa, coma se nada pasara.

Pasa bulindo, ou cantando

a cantiga do home feliz.

Pasa sen medo, descuberto

aberto ao mundo enteiro,

pasa pasando pasados pausados,

e non medra no mundo da aprendizaxe.

Estou, como se nada estivera,

estou no mundo sen vivir no mundo,

porque estou achegado ao desoñecemento

do real e do palpable.

Estou no mundo enteiro

estou no recuncho das palabras perdidas,

estou nos intres perdidos,

estou na ledicia constante

e no derrame do desacougo perdido.

Estou aquí, detrás destas escritas palabras,

pero non me oculto nas palabras;

fico espido de palabras enteiras,

porque son o que quero ser.



Miguel Dubois.

lunes, 1 de septiembre de 2008

U-la a verdade constante?

Ardán ao 1 de setembro de 2008.





A forma discontinua e inacabada


da palabra inaudita,


o síndrome da mentira absoluta,

a deformidade do sentito vital.


U-la forza da verdade íntegra e comprobada?


U-los ventos perdidos da esperanza perdida?


U-la ilusión pertinente do vento de o Norte,


Simboloxía da ceibitude completa e absoluta.


Onde ficaron os síntomas decadentes


da derradeira maré negra?


Ventos perdidos,


no medio dos espazos abertos,


pérdida da palabra sabida constantemente.



Miguel Dubois.

setembro xa está aquí

Pontevedra, ao 31 de agosto do 2008.



SETEMBRO, ENTRA.....




O tempo pasa sumiso, silandeiro


O tempo vai xemendo espazos



vividos,


de suma felicidade



e fonda tristura moura.



Cantas verdades imos construíndo,



no día a día das verdades fondas



e as mentiras miserentas.



Cumio do laio aberto


a verba liberdade,


palabra secuestrada.


Berro do soldado ferido


No medio do absurdo combate.


Guerra das mortes inútiles,



Mortes inútiles das guerras



asasinas,



palabras hocas coma pipas de viño



tinto mal fermentado.


O campo enteiro,



Cambia mútase



a vida enteira,



o presente, como, agora mesmo



é o futuro?



Fonte da inquedanza



esperanza ,auga limpa da mina



As pedras están frías e limpas



e fío do suor tenro e amargo



vaime caído pola frente ancha



De poucas ideas e útiles.


Diviso as arbres perto da fontiña



E marmullo das mulleres


nerviosas



no fondo do camiño que vai a



pétrea Igrexa.


Camiño polos camiños,



e ando cós andares tranquilos



preguntándome que terá


a razón de tódolas razóns,



e, por certo:



quen será o memos mentirán?



Collo o meu pano te tea branco,


e cun gozo absurdo



limito a forza do meu exceso de ar.



Non sei se perdo o tempo



de tódolos tempos,



ou son coma Marcel Proust,



Que vai na precura dun tempo



perdido



que xa non exite.



Foi hestoria limitada,



un tempo que foi e que vóu



sen lle dares permiso a ningén.



Dou voltas ao meu maxín



e dame a impresión que son,



o que debo ser e estar.



Mais parece coma non existira.



Fito dereitillos os meus ollos



nas últimas lecturas.



de libros esquencidos



o quizaves de libros absurdos,



Maiakowski, Nieeztze



ou Fedor Dostowieski,



e coma se for a unha rutina



absurda.



Parece que todo ven ao mesmo



lugar


da orixen perdida.



e pasan os día enteiros




e pasan as noites dabondo



e xa non te quero coma eu te



quería, nos tempos daqula, amor.



O tempo suma e o amor resta,




o home astuto minte



e a muller lista fai Iñoranza de el.



E tanto tempo xuntos, meu caro



amor, canso.





E tanto tempo xuntos, meu amor,




Parés coma se o froito do amor



tenro




endurecera, fixerase




como amor frío,



e o amor fíxose, mágoa,



unha pedra fría




e o pase á beira do río



un lugar normal e corrente.



A paisaxe muxe coma unha vaca



famenta,


o e Sol non ten o brillo que tiña.








Miguel Dubois.

sábado, 30 de agosto de 2008

O CAMPO ENTEIRO, NO MEDIO DA ALDEA MESMA





Pontevedra, ao 25 de agosto de 2008.










Aires Bós me chegan da terra da compañeira,



Arxentina enteira sen Pampa nen mate


Nen churrasco de rico gando pampeiro.





Bos Aires me chegan da terra de Xudán



Antre a Pontenova e Meira,



Provincia de A Coruña.




A terra está viva,



porque da o froito das patacas sabrosas,


namentras nelas penso,


afáiseme a boca clara






coma unha xerra de auga deliciosa



fresca na mina á rente do camiño á Igrexa Santa.




desa fermosa aldea senlleira,



ancorada, sen dúdida no meio da beleza fonda.




Que mellor que o cante dunhas palabras abertas,




ao mundo da fermosa paisaxe,




Campos de froito vivo,



achegado ao canto dos paxaros ceibos,


voar ceibo de liberdade absoluta.







Miguel Dubois.