Pontevedra, ao 31 de agosto do 2008.
SETEMBRO, ENTRA.....
O tempo pasa sumiso, silandeiro
O tempo vai xemendo espazos
vividos,
de suma felicidade
e fonda tristura moura.
Cantas verdades imos construíndo,
no día a día das verdades fondas
e as mentiras miserentas.
Cumio do laio aberto
a verba liberdade,
palabra secuestrada.
Berro do soldado ferido
No medio do absurdo combate.
Guerra das mortes inútiles,
Mortes inútiles das guerras
asasinas,
palabras hocas coma pipas de viño
tinto mal fermentado.
O campo enteiro,
Cambia mútase
a vida enteira,
o presente, como, agora mesmo
é o futuro?
Fonte da inquedanza
esperanza ,auga limpa da mina
As pedras están frías e limpas
e fío do suor tenro e amargo
vaime caído pola frente ancha
De poucas ideas e útiles.
Diviso as arbres perto da fontiña
E marmullo das mulleres
nerviosas
no fondo do camiño que vai a
pétrea Igrexa.
Camiño polos camiños,
e ando cós andares tranquilos
preguntándome que terá
a razón de tódolas razóns,
e, por certo:
quen será o memos mentirán?
Collo o meu pano te tea branco,
e cun gozo absurdo
limito a forza do meu exceso de ar.
Non sei se perdo o tempo
de tódolos tempos,
ou son coma Marcel Proust,
Que vai na precura dun tempo
perdido
que xa non exite.
Foi hestoria limitada,
un tempo que foi e que vóu
sen lle dares permiso a ningén.
Dou voltas ao meu maxín
e dame a impresión que son,
o que debo ser e estar.
Mais parece coma non existira.
Fito dereitillos os meus ollos
nas últimas lecturas.
de libros esquencidos
o quizaves de libros absurdos,
Maiakowski, Nieeztze
ou Fedor Dostowieski,
e coma se for a unha rutina
absurda.
Parece que todo ven ao mesmo
lugar
da orixen perdida.
e pasan os día enteiros
e pasan as noites dabondo
e xa non te quero coma eu te
quería, nos tempos daqula, amor.
O tempo suma e o amor resta,
o home astuto minte
e a muller lista fai Iñoranza de el.
E tanto tempo xuntos, meu caro
amor, canso.
E tanto tempo xuntos, meu amor,
Parés coma se o froito do amor
tenro
endurecera, fixerase
como amor frío,
e o amor fíxose, mágoa,
unha pedra fría
e o pase á beira do río
un lugar normal e corrente.
A paisaxe muxe coma unha vaca
famenta,
o e Sol non ten o brillo que tiña.
Miguel Dubois.
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario