domingo, 21 de septiembre de 2008

PERDIDO

Envelenada boca, de palabras absurdas

Emerxen dun volcán inútil apagado e asulagado de penas fodidas e desalentadoras,

A palabra sobrante, a risa doente de medo absoluto, capacidade do absurdo

A cacidada da palabra vendida, no nome da envexa continúa,

O timo pensado, o xuizo absurdo que a modo de trono inútil
Escacha a tranquilidade sotida nun fío branco.

A perna rota que camiño vieros perdidos de ilusos, preversos.

A lus apagada ou o candil escachado, noite tremen da e escura,
Silenzo absoluto abero a noite negra.

O berro roto que afúnde na noite de silenzo tremendo.

O lobo negro ferido de morte absoluta.

A fogueira que non queima desesperada e absurda,

Os piñeiros voando todos polo ar perdidos sen rumbo fixo

A choiva de coitelos asasiños,

Que tempo tremendo que se durme nos espazos valeiros

A inocencia transmutada en falsas alarmas perdidas,

No medio do tempo que queima horas dabondo por día enteiro.

Como explicarche, amigo indiferente,

O rumbo que perdera

Coma recuperar o tu sentimento verdadeiro,

Pero non marchar coma unha pantasma branca e absurda

Para o mundo roto que prega oracións o Deus.

Colle o camiño axeitado

Sendo o teu ti interno.

Alumea, dabondo

A expresión grata do teu grato corazón abero ao mundo enteiro.


Miguel Dubois.

CAMPO DA VERDADE

Érguete enteiro con toda a túa forza característica


Non bascules na absurda do medo imposible


Habita , sempre, en tí mesmo,


Non habites no mundo alleo,


Non roubes a palabra perfecta,


Non acales o marmurio das augas dun río belo e fermoso.


Admite que es como ti es


Nen máis ne menos,


Nen gran de home,


Nen home pequeno.


Son o tempo que me toque vivir no tempo,


Son eu, pero si diferente a tí,


Cada un de nós é un mundo diferente,


Debémonos o mutuo respeto e amor consistente.


É por eso que condéo os absurdos de calquera tipo de absurda violenza.


Gústame habitar e querer quero habitar na paz asumida,


Que, día a día, me pide a paz conmigo e a paz cós demáis,


Que absurda linguaxe


De parolas absurdas,


Queiman os fins dos días


En fermosas postas de sol fermosas.


Habito para vivir a vida


Enteira a ela me entrego e me debo,


Con xustiza enteira


Non con falsas promesas


De absurda esperanza.


Habito a vida enteira,


Para atoparme nela


Consumila racionalmente


Asumir a xustiza coma comportamento cotiá.


Que sen sentido habitar as palabras ingratas


As que non aporta unha "cachiño" de amor .






Miguel Dubois

sábado, 20 de septiembre de 2008

TOCAR A VIDA

Que bonita é cando sinto vivila vida íntegra.

Dame a impresión que sinto o ar respirable,

Que toco a sensibilade do sentir a vida.

Parés, que toco a vida enteira,,

E me acollo aos brazos dela en forma decisiva.

Amo os sentimentos vividos fondamente.

Nada eu quixera rexeitar,

Nada eu quixera eu xulgar,

Nada eu quixera condear.

Quen me dá permiso, para habitar

Nas palabras alleas?

Que me dá permiso

para escachar a delicia de vivir?

Por esa razón fundamental,

Amo, fondamente, a vida enteira,

E non rexeito os momentos duros

Nos que o verbo sofrir

Non é un absurdo engadido

Se non é un capítulo duro da existencia vital.

Vivo sentindo que toco a vida

Coa torpeza dos meus dedos torpes e enganados.

Non perdo a esperanza futura,

Froito de admitir a dureza vital.

Amo o canto dos paxaros ceibos,

Que cantan fermosas cancións

Nas ponlas das roseiras amarelas

No xardín da ledicia constante.

Que bonito é vivir ledo

E que obriga é aceptar o sofrimento existente.



Miguel Dubois

jueves, 18 de septiembre de 2008

OSCAR WILDE


Happy face, Mr Wilde
REFLEXIÓNS SOBRE O AMOR.

A palabra AMOR, tedémolo, sempre a idealizada. O AMOR, como tal é UN ACTO PERFECTO DE ENTREGA AO OUTRO. Supoño que o que ama, cólmase do máis fermosos dos sentimentos. AMAR, non é, somentes, AMAR, a muller que contigo comparte o teu corpo e a túa psique. A convivenza das psiques son fenómenos máis complexos, e o acto de AMAR, moitos veces, leva implícito o acto de nada recibir nada a cambio. O AMOR, penso eu, que debe ser un acto desinteresado, un acto altruista, é un acto de amor. O AMOR, é o xerador de múltiples pasións, pasións que, as veces, entran en conflicto, na que o instito do ser humano pode COA ARTE DE AMAR. Neste caso, dá a impresión que A ARTE de AMAR, desaparece porque os conflictos da psique chocan. Coido que o amor, debería ser un acto permanente, pero é moi difícil que o AMOR, sexa para sempre. Eu, cando era máis xove, era partidario da filosofía de JEAN JACQUES ROUSSEAU, pero có paso do tempo, vaste desenganado,e vas mirando que eres un ser "utilizado" e presa dos sentimentos doutros seres humanas; é coma se foras "secuestrado" como ser humano e es víctima de baixas paixóns doutros homes e mulleres, es froito do secuestro da túa autonomía persaol. Todo o que estou a decir, sucede na vida cotiá, facendo das conductas sociáis elementos complexos, que poderían se o máis fermosas posibles. Conesto de ROSSEAU, paso a filosofía HOBBES. Parece que, sempre, no meu caso estóu xogando aos estremos. Parece coma se a balanza do equilibrio fora unha teoría "absurda", mais é moi difícil convivir sen "equilibrio". Non é xusto facer uso da denominación, por exemplo, o exceso dialéctico, tratando de "asoballar" a unha terceira persóa. Na vida cotiá é fundamental a HUMILDADE, o desinflar ese EGO ABSURDO, que non fai máis que dano. Se eu deixo de insuflar o MEU MUNDO INTERIOR, á cando podo adequuerir a HUMILDADE. O mundo das PALABRAS HOCAS E VALEIRAS, son unha perda de tempo, porque non dí nada ou procuran crear "confusión". Debemos facer UN MUNDO DOADO, un mundo sen complicacións, e nos tempos actuáis facer uso da FILOSOFÍA do PRAGMATISCO.
Sempre me impresionóu a seguite frase de Xesús: AMARÁS AO PRÓXIMO COMO A TI MESMO. Se pasamos a desglosamos esta frase maravillosa, chegaremos a conclusión de que para AMAR AO PRÓXIMO, PRIMEIRO TE TES QUE AMAR A TI MESMO. Se non tes AUTOESTIMA, estás "perdidiño".
É imposible vivir sen AMOR, máis o AMOR, témolo que alimentalo, porque a igual que os homes , mulleres e animáis morren, por eso estamos, totalmente, comprometidos coa palabra AMOR.
ROUSSEAU..o home é bon por natureza
MIGUEL DUBOIS . HOBBES,......o home é malo por natureza
Posted by Picasa

FARO de FISTERRA


Alumeános nas noites fondas.

Luz nouturno,

Punto da orientación.

Luz de Fisterra.

Aluméame, sempre,

Nas singladuras vitáis.

Hai un Faro en Fisterra,

Nesta luz acesa non eiste o Fin do Mundo.

Finisterra.



Miguel Dubois.
Posted by Picasa

O MUNDO de FISTERRA.

O Mundo de Fisterra,


É unha porta máis aberta ao mundo ceibo,


Nel podes comprobar como son,


Os sentimentos dun poeta descoñecido,


Afortunadamente.


De que vale a pantalla externa


Do que eu son?


De que me vale o folklore absurdo,


Dos falsos andamiaxes da absurda farándula?




O Mundo de Fisterra é unha fiestra máis


Aberta ao mundo de par en par.


Temos días de combate constante,


No que o Océano de Fisterra


Está bravo,


E nel danse absurdas batallas marítimas


No que o vencedor é aquel que honra a xustiza.


No Mundo de Fisterra,


Pódense descubrir Micromundos útiles,


Que te axudan a resisitir


Os combates inxustos


De maneira doada e lene


E sen absurdos labirintos


Que non son máis que absurdos


Xogos de palabras inútiles.


Nesta Mundo de Fisterra,


Temos días de sol grande e fermoso.


Sentámonos os dous na beira dos cantiles de Fisterra,


E observamos que non é o Fin do Mundo,


Pola contra é todo un espectáculo de beleza natural,


Linguaxe de ondas brancas erguetas,


E ventos de tódolos ventos da ledicia.


Que fermosura inmensa habita No Mundo de Fisterra.




Miguel Dubois.

ADMISIÓN

Non vivo sen a fonte do sosego,


Que adormece a dor que me habita,


Da paz que asulaga os camiños da vida.


Que absurdo é resistirse ao certo á realidade constante


Que me ergue polos camiño da vida enteira.


Que inútil acción é alimentarse do baixo instinto ferinte.


Mágoa, do ser humano cheo de envexa e xenreira.


Admito as cousas como son e son o que debo de ser.


Admito a verdade enteira


Aquela que me vai abrindo portas diferentes.


Non soporto o mundo mintirán,


Que abre doorosas feridas traicioeiras,


Non rexeitas do que es,


E asume o que será,


Pero non fagamos do futuro próximo,


O que non sabemos,


Admite e rexeita o que non convén


Porque, de novo, abre absurdas feridas


Pérdidad de tempo inútil,


Como vas recuperar


O tempo no que non fuches unha persóa honrada?


Perdiche o tempo falso


Perdiche toda a túa credibilidade enteira.


Que mágia máis grande ser o que eres!


Mágoa!




Miguel Dubois

AMOR.

Na máxima lentitude prolongada e tépeda

A ti me achego coas miñas mans abertas

Libro branco aberto de par en par,

Ao mundo de agarimo constante.

Que pequeniño me atopo,

Sen esoitar lentos os latexos

Do teu corazón ledo e aberto

Ao mundo das ideas máis concretas,

Aquelas que conducen ao íntimo interior,

Son dos son habidos no interior

Do teu peito perfecto,

Que nas noites de invernía fría,

Agarimo lentamente coas miñas mans abertas.

Recorre sen repouso a túa branca pel,

E as túas costas invado lento e soave

Coas miñas mas pequenas e torpes.

Sinto que a de chegar o verbo amar querido,

Verbo do íntimo e do interior constate,

Latexa con forza suprema, corazón aberto

Enteiro ao dimensión concreta de verbo amar.

Namentras as miñas torpes mans

Faille cortesía deliciosa,

A túal pel branca como o leite branco

Das vacas brancas e negras e grandes,

E cando a ti me entrego

Perdo a miña identidade interior.

Asulágome a ti toda, perdido de amor,

Desbordado pola visión concreta,

Do verbo amar.



Miguel Dubois

miércoles, 17 de septiembre de 2008

PRAIA DE RONS

PRAIA DE RONS.

Cantos anos, mellor veráns enteiros vividos,

Neste fermoso lugar de Rons,

Nome aristocrático, Península de
Cantodorxo.


Euforia iifantil, choro de un neno loiro

Ou de cabelo negro coma o carbón daquelas caldeiras

Xa inexistentes,

Caldeiras da lembranza

E o fume da gran chaminea ríxida e longa ,

Inexistente chaminea ergueita.


As mullleres vestidas en verdes mandiles

Escritos seus nomes en letras bermellas

Ían a fábrica conserveira,

Limpaban o peixe coidadosamente,

Sen axuda de máquinas automáticas,

Ían enlatando o peixe nos envases prateados

E o aceite andaluz das olivas de Xaén

Mollaban o alimento froito do mar de Arousa,

Ou de mares alleos a esta fermosa Ría da Beleza,

Na que durma tranquila e leda

A Illa da Arousa.

Tempos da miña nenez querida, Julio, Fofi,

Mari-Glori, Clemente, Quitita, Arturo, José,

Perico, Lisi, Cecilia, Pepa, Antonio, Gloria, Adriana,

Agustín, Paquita, Clemente Pai, Carlos, Nocha, Ricardo, Virginia, Pastora...

Cantos nomes, nomes da lembranza

Nomes que fican fixados, permanentemente

No campo da memoria.

Si pasou pero fica

Coma a lembranza que nunca morre.

Adolescencia bendita,

Despertar dos sentidos máis ocultos

Miradas cómplices,

E, como non nacen os primeiros amores

E sen darnos de contan temos húmidos

Os pantalóns mollados.

A sorpresa da inexperiencia,

A vergoña de non saber que non eres

Nen un home afeito

E nen neno aínda.

Corremos antre a s chalanas multiculores,

Agachámonos detrás dos duros cons de pedra,

Avanzamos enteiro no tempo, dentro do tempo,

E a forma da faciana vainos cambeando

Aumentanto cuantitativamente o número de anos vividos.

Barcos descansados nunha parai bela, prais de Rons sempre,

Na lembranza que non morre e perdura,

Que bonita está a tarde que morre na fotografía de cor.

Rons é o meu lugar da referenza emerxente

Da felicidade habida.



Miguel Dubois.
Posted by Picasa

NOCTURNO FOTOGAFICO DENDE SAN VICENTE DE O GROVE


BELEZA DUNHA NOITE DE VERÁN.

Sálvora Illa dos deuses marítimos ao fondo.

Maravillosa Ría de Arousa,

Verán nouturno,

San Vicente de O Grove,

Barcos pescando dabondo e continuo

E no teito do ceu unha estrela sorprende e brilante,

Un astro maravilloso

Que afunde a noite enteira

Nun ton de dourados fermosos.

Cons e pequenas Illas de Cons.

Naturazeza maravillosa,

Dende San Vicente de O Grove.

Delirio delicado dunha Naturza perfecta e nocturna.


Miguel Dubois
Posted by Picasa

CANTIGA PARA UN FERREIRO SOÑADOR

Martelo duro, pum, pum, pum...plam..


Forza to traballo forte e forte.


Dame o pan merecedor.


Martelo que bate con todo a rabia posible,


Plam, plam, pla...


Dureza suprema e calculada.


Ferro cambeante,


Fragua ardente,


Forza exacta,


Sudor da fronte, ferreiro forte,


Traballa na fragua, do calor intenso,


Intenso calor e forza dun ferreiro forte,


Golpe constante,


Golpe fixo,


Ferro moldeable,


Plin, plin, plin..


O sudor é calido e costante,


Toda a forza suprema, leva no seu brazo forte.


Plon, plon, polon...


Ferreiro, fragua, ferramenta, forza...


No taller da fragua ardente,


O ferreiro moldea ferros antes tesos.


Figuras fermosas esculpe,


Pezas arranxa a destra e sinistra.


Ferreiro do ferro da Rúa do Ferrol,


Construo sonos quentes de ferro


A un razoable prezo.






Miguel Dubois

martes, 16 de septiembre de 2008

ATRAVESO DUNHA FIESTRA DE CADRADOS VERDES

Enteiro, sempre, a tí.


Na friaxe da mañá de invernía, contigo.


Ao logo do día mundano, a túa rente constante.


Deitado na noite enteira, asulagado antre o teu peito branco.


No límite de tódolos amores posibles, sempre contigo.


Non me persigues, non, é certo,


E eu non te persigo,


Estamos xuntos por todo amor querido,


Sen trabucos absurdos,


Sen palabras ferintes,


Ao mediodía solar,


Ou na medianoite,


A lus dunha vela branca,


Amarrados os dous,


Achegados ao gran arte de amar,


Estou contigo, porque te quero tanto e moito.


Quéroche os días ateigados de amargo sudor inútil,


Ou os días trites de bágoas constantos. Sufrir.


Sempre contigo estou, a túa rente,


Aínda, meu amor, que non estes


Na túa presenza física


Que me amarro a tí


Cunha aperta de amor desesperado.


Aberta está a fiestra de cadradiños verdes,


Fóra caen as primeiras pingas do outono,


E na túa boca caen os primeriros bicos da mañá, lene e doce.








Miguel Dubois

lunes, 15 de septiembre de 2008

BRANCO E NEGRO

A luz enteira do grande astro solar,

Facía a mañá máis linda e fermosa.

Ao mesmo tempo nubes escuras, dor ferida,

Ián cubrindo a face do ceu branco azul e gris de Norwich,

County Northfolk, East Anglia,

O mañá íase facenso máis escura,

Menos fermosa e desexable.

A xente, sen presa, aparente,

ía deixando as rúas valeiras

Ían desaparenzo o marmurios inútiles das voces acesas

E de cando en vez

No meio do verán tépedo e doce

Ían pasando polas rúas coches tristes e desfeitos,

Dos tempos perdidos

Da torpe de ciadade de Nunca na Noite.

Norwich era, íase facendo, ao mesmo,

A máis afastando vila de tódolas vilas

Dos eidos da ledicia que alumeaban, denantes,

Pasamos a creazón

Dun munto torpe.

O día ía cambeando, lento, torpe e estúpido.

Norwich ía perdendo o seu senso ledo

Ateigaban a súas rúas pantasmas nocturnos

Vestidos de branco coma os algodóns brancos

Máis brancos que a cor pura da neve.

Que nos axudan a curar as feridas que doen constantemente

Por mor das mentiras habitadas

Nas voces que xemen

Marmurio falsos

Norwich, fíxose a cidade escura

A cidade triste.

Din e contan as máis vellas lendas do lugar de East Anglia, Norwich,

Que unhas meigas estranas

Vestidas dun furacán de medo tremendo

E uns bruxos tolos e brutos

Foron construíndon

A cidade da mentira,
A que non medra.

Pasou o tempo contante

E como unha miragre

A mentira absura e frenética

Pasou a seres somentes a verdade única
E desterrada do mundo da verdade.


Miguel Dubois