miércoles, 24 de diciembre de 2008

MENIÑO DEUS

AMOR E DOZURA É VIVIR


Pontevedra, ao 23 de decembro de 2008.


O tempo de tódolos tempos,

O tempo da ledicia constante,

O tempo que me achega ao Nadal,

Meniño Deus,

Mañán virás ao Mundo,

Como o fas en cada ano

Do teu almanaque longo.

Meniño Xesus,

Estará quizáves a noite fría mañá,

Que a túa nai querida,

Che dea a calor perfecta,

Mañá virás ao Mundo

Meniño Deus.


Miguel Dubois

BEATRIZ

AMOR E DOZURA É VIVIR

BEATRIZ

FELIZ NADAL

e moi feliz 2009

Benquerida Beatriz: como pasa o tempo, como se pasa a vida enteira, como medraron os nenos, namentras outros meniños e meniñas, como os vosos voltan, de novo e de xeito individual e único o seu propio crecimento. Que parella más fermosa tendes! Crecen moi rápido, ben o sabes. Disfrutade deles, dalles todo o cariño e amor do mundo, porque non hai verba máis fermosa que "amor." Que faríamos neste mundo sen amor? Pasamos unha tarde, sumamente lediciosa na casa de Tino e de Balby. Eran intres perfectos cubertos dunha certa maxia atemporal. Xuntábanse xeracións diferentes pero todas elas xunguidas polos lazos afectivos e comprendidas dende altas edades até as edades máis deliciosas. Vivimos para vivir, vivimos para cumplir cós nosos traballos , cós nosos momentos de lecer e nos facemos un pouquiño máis grandes, coas deliciosas cousas pequenas, aquelas pequenas cousas que nos cobren de delicia. Vivir vivindo a vida, tocar a vida con ledicia, sentir que vivo, que non son un moble, que sinto, que amo, e non rexeito, porque a falla de respecto e o rexeitamento non son actos lícitos. Dentro do respecto, dentro da humildade a vida é máis doada. De que me vale os aditivos, as falsas condecoracións. Non son como eu son, aceptándome e queréndome e así, deste xeito aceptándome tal e coma son amo ao meu próximo. Despóis desta reflexión, un tanto persoal pero real, vouche escreber un poema para ti Bea.


Pontevedra, ao 21 de decembro de 2008.

BEATRIZ


I


Doume de conta de como o tempo pasa,
Pasa e non durme e os orloxos manteñen
Intactas as súas maquimarias perfectas e suizas.
Praza de Galicia , Vilagarcía de Arousa,
Xoguería Silva a máis linda de toda a Perla Arousá.
Tino, meu querido Tiniño, eu che quero
Todos te queremos,
Porque Tiniño eres único e bondadoso.
Na trastenda arranxabas aquelas máquinas perfectas
Pero sempre tiñas un momento de ledicia,
Para agasallararnos co teu sorriso vivo.
O teu sorriso lene, tranquilo
A caricia para os cativiños,
A vida Tiniño da Xoguería Silva,
Era perfecta e maravillosa.
Balby ,tamén ,sorría e xogaba,
Agasallaba aos meniños,
Cantáballes algunha cantiga máxica
Pero sempre a ledicia estaba
Naquela fermosa Xollería da Praza de Galicia.
Lugar de perfecta atracción.
Maripa e máis a Tía Tucha a rente estaban,
Coas súas prendas de vestir á venda perfecta.
Petelas, Braulio, Jesús María....
E cantos máis. Quizáves eles e elas
Marcharon de xeito físico,
Pero aínda continúan vivindo
No interior dos nosos corazóns.

II

Eras os tempos das praias,
De cons graníticos
De formas caprichosas,
Lugar de pousamento de negros corboráns,
As casas cáseque a beiramar,
Beiramar xoia luminosa,
Con ondas perfectas de escuma branca,
Coma a neve dunha afastado cumio outo.
Aquela casilla azúi descorida e máxica,
Algo tiña sen saber moi ben
Que era o que ela tiña.
Tempos fermosos cós nosos fillos,
Algunha saída torpe e nocturna,
Perdendo a testa antre licores perigosos.
Unha bronca merecida a volta.
O Cuco Máxico, a ledicia de se chamar daquela maneira
Nametras "o petirroxo" non paraba de piar,
Namentres un lle decía ao outra:
Escoitas o paxariño Isidoro?
Fermosura de tempos de verán perfecto,
Guitarra perfecta e voces de coro vilagarcían,
Baños de ledicia na auga fría da praia linda.
Lembranzas que fican gravadas na lembranza.
Tino tirábase perfectamente de testa deritiño
E cravávase dereitiño na auga fría
Igoal facía Alfonso querido.
Sendo os demáis expertos nadadores incansables.
Balby estaba coma un camarón cocidiña
Tres da tarde e cociamos coma perfectos camaróns
Mais eu tamén. Era coma se nos levábanos ben
Có Gran Astro Solar dador de vida.
O Nadal no Cuco e os meniños pequechos.
Alfonso protestando, dado que Angelita,
Non lle deixaba comer o que o bon Alfonso quería.
Pero ésto no es nada Geli..!
Ti Bea chegabas, de cando en vez
A aquel delicioso lugar de Balea,
As veces viñas soíña e as veces con grata compañía,
Pero é a vida a que nos ensina a vivila,
E os días van pasando e pasan e pasan,
E querida parella que fermosas criaturiñas tendes.
Dúas maravillas deliciosas.
Que día máis lindo hoxe pasamos
No cumpleanos de noso querido Tiniño.

Miguel.



viernes, 19 de diciembre de 2008

ONDE ESTÁ O MEU VERDADEIRO NOME?

AMOR E DOZURA É VIVIR


ONDE ESTÁ O MEU VERDADEIRO NOME?‏

Ardán, Marín, ao 19 de decembro de 2008.


Doume de conta, coma pasa a vida,
Coma imos queimando os espazos valeiros,
E coma imos enchendo a vida enteira da ledicia perdida.
Dubido, por desgraza, dabondo, queimo a sin razón,
E non vou pola vida real dando inúiles paus duros
De cego converso. Non vexo porque non quero
Mirar a verdade, que me pecha os ollos esperanzadores,
Dun espazo lumínico perdido no cumio do meio día.
E todo avanza, sen tregua,
E todo retrocede no pensamente vital humano.
O rico enriquece legalmente,
Namentras o pobre paria
Síntese máis miserento e inútil.
Obedece as ordes pertinentes,
Baixa a testa triste,
E Non chega a cobrar un salario mínimo.
O desiquilibrio social
E un constante social.
Wall Street enche as súas arcas perfectas,
Namentras os chamados amos dos cartos,
Homes de nobleza indudable, degradada,
Pasan a forma a nómina da delincuencia monetaria.
E non podes protestar e non podemos queixanos.
U-lo Norte perdido?
Que é o concepto real da existencia humana?
Que é a xustiza e que é a inxustiza?
Que son os dereitos humanos?
Que é a Organización das Nazóns Unidas?
Que son as guerras asasinas?
Cal é o concepto da Ética Fundamental?
Que son os Valores, como concepto fundamental?
E, de súpeto, esquecémonos dos nosos nomes reáis,
Do que somos e do que facemos.
Agora non sabemos onde o Norte fica.
E os faros durmen insomnios verdes e vermellos.
Namentras os narcotraficantes aproveitan
As escuras noitas
Para a tremenda descarga,
Futura asasiña da xuventude desorientada.
Teremos que atopar o tempo perdido
O camiño real vital
Debemos atoparnos,
Aceptarnos o que somos
E afastarnos do Mundo valeiro
Que somentes parece pensar
No benestar persoal,
Onde o sentido comunitario.
Onde esta o meu verdadeiro nome?


Miguel Dubois

jueves, 18 de diciembre de 2008

A LINGUAXE MUDA

AMOR E DOZURA É VIVIR

Ardán, Marín ao 9 de decembro de 2008

A LINGUAXE MUDA

Eu non son o teu silenzo continuo, fala somentes
Pola la emision perdida de túas palabras
Sabedores do amor constante,
Que vai dando bicos abertos,
Ao valeiro do espazo.
Non me fales có teu inútil silenzo constante
De desafío e ferida perdida no medio tremendo,
Das palabras perdidas.
Cando calas sei que algo me queres decir,
Ou unha palabra fermosa
Ou unha frase perfecta,
Ouh un amor constante,
Perdido antre o silenzo perdido.
Fálame. Dime cousas reais,
A vida mesma, exemplo poño ou,
Ou cóntame fantásticos hestorias
De chiculate sabroso,
Ou fadas fermosas
Que se introducen no mási máxico dos mundos.
Remata có teu silencio perpétuo
Faime mirar a linguaxe espida
Dos teus lindos beizos.
Dime o que nunca quixeche
Decirme, sen rodeos
Porque unha vez que a verdade está espida,
A vida cotiá é máis fermosa


Miguel Dubois

CANCIÓN DE BERCE PARA EDUARDO


Pontevedra, ao 15 de decembro de 2008.





CANTIGA DE BERCE PARA EDUARDO.


Quefelicidade completa e sublime,

É o sair ao Mundo externo,

Enchido de lus fonda e esperada.

Carregado de toda a súa poderosa forza.

De pulmón infantil de ar cheo,

Escoito a ledicia do seu choro

De meniño recén nacido.

Abre todo o seu espazo,

Nun lugar no mundo habitado.

Veño, pequerrechiño e fermoso e lindo

A vivir toda a miña vida convosco,

Recén coñecida familia esperada.

Son o comezo o principio

Uns números pequenos e baixos

No mundo temporal mesurable.

Son pequerecho mais sorprendente, tamén.

Vou deixando cós ollos abertos,

Aos que para min miran,

Coa faciana sorpresiva

E nos beizos un sorriso delicado e doze.

Comezo dunha vida fermoso,

Longo espazo, aínda non vivido,

Querido futuro da esperanza continúa,

Son coma unha lus máxica

Que aluméa os espazos valeiros.

Encho a vida có neu pequeno corpo,

Son un gran e fermoso pequerricho.

Son desfacedor de tódolas las tristuras inútiles.

Son unha fonte esperanzadora e longa.

Son o comezo do futuro,

O presente actual,

E o tempo que xa pasóu,

Sen darnos de conta, tempo constante,

Mamaciña míña, Benquerida María,.

E como se non me dera de conta,

Os días pasan e as aves fermosas pasan

Polos los claros do ceu de outono,

Que a cáseque xa nos quere deixar.

Namentras eu, vou medrando, sen presa,

Cheo da felicidade que me acompaña,

Día a día, sen tregua nen límite.

Eu son eu Eduardo Fermoso Lindo,

O mundo futuro da esperanza inesgotada,

Aquel porvir escrito en libros de maxia e fermosura.



Que bonito é

Producir os primeiro sorrisos

A miña benquerida Naiciña,

Entón, Ela a Mamae,

Énchese dunha felicidade perfecta

Que comparte cós seres queridos,

Que feliz me sinto,

Querida María,

Mirando a este neno lindo,

Durmindo sonos fermosos

Non seu berce ledo e tranquilo.

Miguel Dubois











FELIZ NADAL E ANINOVO.

lunes, 15 de diciembre de 2008

AMOR E DOZURA É VIVIR


Ardán, Marín, ao 16 de decembro de 2008


FILOSOFÍA DO ABSURDO.


O sinistro do ocaso anunciado,

A vida sen vida,

A morte pola morte,

O decir disparo e mato por matar,

Ou para construir un mundo crudel

Ou fabricar un absurdo tremendo.

O contruir fábricas da door continuo e gratuito.

A obriga a decir e que queres gardar,

Polo ben dos teus seres amados.

E logo, sen nengún tipo de permiso legal,

Pasas a ser interrogado descriminadamente.

O torturador tortura sen cesar e a eito,

A destro e sinistro,

E todo resulta ser unha violenza absurda

Traducida a violación constantes

Dos dereitos humans.

Canto mundo absurdo permanece

Cuberto de mentira fraudulenta.

E os outeiros éncheses de santos alleos

A santidad e amor desinteresado.

Mentiras de tódolas mentiras habidas.

Absurdo mundo sotilmente construído,

Na manía constante de mentir constantemente,

Pobos castigados pola opresión constante,

Namentras a follas verdes das palmeiras do oasis,

Morren de sede absurda allea ao que quweren ser.



Miguel Dubois

jueves, 11 de diciembre de 2008

LUME DE VERÁN

AMOR E DOZURA É VIVIR

Ardán, Marín, ao 11 de decembro de 2008

DE que maneira absurada,

Quemei o tempo pasado,

Con absurdos contidos.

Cak foi a dimensión tremenda,

Dun mundo absurdo,

Soterrando a vida

No tempo da desesperanza gañado.

Como recuperar todo o perdido

Como aquecer o lume,

Que parece coma se non

Quixera dar a calor correspontente.

Mais da toda a calor  fonda

A que da  a froito aberto,

Aos beizos abertos

Queimando a continua fame habita

Constante de tempos pasdos,

De cacharelas acesas

De fondas lembranzas,

Recollo a calor aberta,

E disfuta a beleza  absoluta

Da chama acesa.

Silenzo candente,

Calor nouturno.

Beleza da noite estrelada,

Láua acesa enteira,

Aberta e completa,

No medio do ceo espléndido.

Quer bonito é vivir,

Cantando noites de leidecia aberta

A beira dunha lumeirada de verán fermoso.


Miguel   Dubois

lunes, 8 de diciembre de 2008

FADO LISBOETA




Pontevedra, ao 7 de decembro de 2008.
FADO LISBOETA
Eu teño que quererte, pronto,
Onde acharéi eu o amor enteiro
Que por ti perdín,
En que lugar absurdo e tremendo
Atoparéi, de novo, o amor íntegro,
Que eu, por ti tiña.
Non son capas de achegarme a ti,
Dou fe dilo,
Sínto que un frío fondo ma atravesa
Cando penso en tí.
Aló no fin de todo,
Deixamos queimadas as mañás frías,
Consumimos todo o amor enteiro.
Onde atoparéi o que queda de nós
A fogueria nos está acesa,
Teño frío puro, meu amor.
Eu meu amor, che quero,
Pero eu meu amor enteiro
Xa non te quero,
A miña vida é coma un fado triste,
Cantado por unha portuguesa linda
Namorada da Lisboa
E un Señor de Queluz.
Que vou facer fado roto,
Guitarra triste,
Voz rachada,
Laio de amor perdido.
Camiño lento perto de Belem,
Nor perdo a esperanza
De cantarte un fado lindo
A lus dun candil.
Ouh amor! Canto pranto,
Cantas horas chorando
O amor perdido.
Non perdo esperanza algunha,
Namentras espero canto e canto
Paseo e paseo pola Rúa do Carmo.
Mais non choro, non creas non,
Por amor,
Choro pola túa saudade.
Somentes a ti eu te quero amor.
Miguel Dubois

sábado, 6 de diciembre de 2008

VELENO MORTAL

AMOR E DOZURA É VIVIR


Fecha: 05/12/2008 22:12:34
Asunto: Reenviar: VELENO MORTAL
 

 
Pontevedra, ao 5 de decembro de 2008.
 
 
 
VELENO  MORTAL
 
 
 
Sentirme, totalmente, ceibe,
 
A pesar da filosofía do tremondo absurdo,
 
Pera inútil do fermoso tempo.
 
Dinme de conta, sen remedialo,
 
Que querían constuir a torpeza suprema,
 
Do ser humano falso,
 
Que pretende facerse falso e  suposto grande,
 
Por mor da inutilidade da tremenda mentira.
 
 
Ser humano en contra de se mesmo,
 
Que non ocupas o espazo habitable,
 
Que entras no mundo allí
 
Non te pertece, nuc¡nca,
 
Sen correspondente ao dereito a facelo.
 
Entra en tí mesmo,
 
Asume a túa verdade,
 
Asume o que non che gusta de tí,
 
Admite a parte que che doé
 
E proxectas, absurdamente,
 
Naqueles que  non  te pertencen
 
Ao teu mundo estremecedor,
 
Carente de senso común,
 
Ou integridade fonda.
 
 
Non digo que avances,
 
Avances coma a serpe verde e ingrata,
 
Que quere danar a un iñocente animal
 
Que pasta, tranquilamente,
 
A beira do Río Lindo.
 
Atacas sen previo aviso,
 
E fulminas có veleno mortal
 
Naquel no que non o merece.
 
O Río Lindo está fermoso,
 
Máis   a branca ovella,
 
Sofre coa dor que ti lle impuxeche.
 
Todo podería ser maravilloso,
 
Mais todo ficou no intento frustado,
 
Porque tiñas que largar o veleno mortal.
 
 
 
                            Miguel   Dubois.

CANCIÓN PARA MARÍA CRISTINA

AMOR E DOZURA É VIVIR

: CANCIÓN para MARÍA CRISTINA


Pontevedra, ao 6 de decembro de 2008.
Canción para María Cristina.
Non o dubides nunca,
Lémbraste dos nosos avociños;
Máxicos, perfecto e e que nunca choraban.
Coa suma fortaleza do seu corazón,
Esgoataron os tempos máis absurdos
Da historia europea,
Odios tremendos de pobos loitando,
Nas guerras do odio,
Pero con toda a súas forzas,
Eles e Elas derrubaron o Mundo inxusto
Que oprimía namentras os submarinos alemáns
Chegaban aos portos de Povoa de Varzím ou Vigo.
Si todos elas e elas superaron,
A dor do medo que significa a arma mortífera.
Os avociños non teñen medo nen aos días grises
Nen as noites mouras habitados de sons de morte.
Dominaron o medo tremendo,
Desfixerom os mitos absurdos.
Os avociños doces non necesitan imaxes absurdas
De modelos semiperfectas
Que pentéan os seu cabelos longos
Con champús absurdos.
Oa avociñas non perden o tempo absurdo,
Cós laios consumistas, caros e absurdos
Pensan as avociñas nos seus quridiños fillos,
Froitos verdadeiros dos seus ventres hinchados
Nos tempos da mocedade necesitada,
De amor e diñeiro.
Cando o Mundo non era máxico e absurdo,
Cando sudaban as súas frentes xoves
Para conseguir a cotidianidade do pan roubado.
Avociño conta unha desas túas hestorias máxicas,
Que somentes ti dominas, perfectamente,
Eu, sen remedio, míroche, directamente a túa
Faciana perfecta e digo:
É fermosos ser avociño,
Por eso que delicia,
Poderlles acariñar a súa enrrugadas facianas
Con toda a miña tenrrura posible.
Miguel Dubois

PEDRO ATIENZA, ALCALÁ DE HENARES Y LA POESÍA

AMOR E DOZURA É VIVIR







Pontevedra, a 28 de marzo de 2007.
Vaya con todo mi cariño, a mi querido
amigo
Pedro Atienza. "Perico".
Isadora Duncán,
afortunadamente,
invadió
un libro bello
de
Fragmentos y Evocaciones
Hace ya bastante tiempo,
perdidos en el fondo del tiempo,
sin más tiempo
que aquella amada juventud deliciosa.
Inmensas ganas de vida entregada
a la delicia de amar y querer,
de soñar con asuntos pequeños,
de cubrir nuestros labios carnosos
de amores desesperados.
¡Que tremendo recuerdo
de amor delicioso!
No te bastaron
los veinte poemas de amor
y la canción desesperada,
que quizás en Isla Negra,
haya escrito el gran Pablo.
Ya pasó,
ya lo sé.
Déjame algo de amor vivo,
no te lo lleves todo;
déjame, al menos,
tu mirada,
tu cabeza baja.
No me destierres
al olvido perpetuo.

Lo ví, es verdad,
al amante del cante jondo,
querido Federico,
lo volví a ver,
como si nada,
a espacio y tiempo,
en la ciudad hermosa,
cervantina.
¡Es bonito,
es magnífico,
volver a verlo!
Me inundo con sus recuerdos,
el se llama mi querido amigo,
Perico.
Miguel.



jueves, 4 de diciembre de 2008

SER O QUE EU SON

AMOR E DOZURA É VIVIR



Ardán, Marín  ao 4 de novembro de 2008


Asumo o que son,

Sendo o que sou,

Sendo eu,

O tempo habitado

De longos días lediciosos,

De longos días perdidos,

Antre o tempo perdido

Sen tempo, nulidade pura,

Palabra abstracta,

Interrogante ou palabra exacta,

Matemática da palbra absursda,

Cargada de intencións inútiles

No medio da vida  vivida,

Nos lugares diferentes

Nos extremos das palabras malintencionadas.

Asumo o verbo asumido,

Sendo o que son:

Grande ou pequeno.

Perverso ou favorable.

Son eu, somentes, eu,

Este espazo  vital andante

Ou descansando na fidelidade,

Ao amor encantado

Con embruxo decidido,

Que se achega ao meu ser enteiro,

Nas lúas perdidas dos veráns Atlánticos,

Rias Baixas ou Rías Altas,

Por testemuñas marítimas,

Dos versos adicados,

Aos capitáns das embarcacións,

Que atravesan as Terras de Fisterra.

Son eu, enteiro ou que eu son

Cáseque nada sou sento

O que eu son.



                     Miguel    Dubois

martes, 2 de diciembre de 2008

DE CERTO

AMOR E DOZURA É VIVIR


AMOR E DOZURA É VIVIR








Pontevedra, ao 2 de novembro de 2008.
DE CERTO
Ábrete amencer enteiro,
Estourido de lus cotiá.
Erguémonos torpes medio adormecidos,
Temos por diante toda a xornada laboral,
Ou ben para maldecer,
Ou ben para decorar as palabras absurdas.
Bendita sexa a verba bonita,
Carente de beneficio e absurdo egoísmo.
Érguete no mundo que é mundo enteiro e verdadeiro.
Afronta con valentía a verdade, que, as veces, dóe.
Afástate do mundo hipócrita, deconsiderado e cobarde.
Xúnguete aos intres belos do día enteiro.
Rexeita a falsedade total ou parcial.
Xente de corazón vendido,
Xente de baixos principos,
Que mágoa atoparme no mundo contradictorio,
Máis eu non son superior a ninguén,
Son o que son,
Son unha mestura de mal e ben,
Son un ser humano corrente.
Amo a vida enteira
Con toda a miña forza posible.
Non podo admitir
Un mundo valeiro de principios elementáis.
Como podes sosterte na falsedade,
Como podes asentarte
Se non tes base coherente.
Onde vas de mentira a mentira.
O teu rañaceus de palabras incoherntes
Ficará na nada absoluta.
Miguel Dubois