Entradas

PERDIDO

Envelenada boca, de palabras absurdas Emerxen dun volcán inútil apagado e asulagado de penas fodidas e desalentadoras, A palabra sobrante, a risa doente de medo absoluto, capacidade do absurdo A cacidada da palabra vendida, no nome da envexa continúa, O timo pensado, o xuizo absurdo que a modo de trono inútil Escacha a tranquilidade sotida nun fío branco. A perna rota que camiño vieros perdidos de ilusos, preversos. A lus apagada ou o candil escachado, noite tremen da e escura, Silenzo absoluto abero a noite negra. O berro roto que afúnde na noite de silenzo tremendo. O lobo negro ferido de morte absoluta. A fogueira que non queima desesperada e absurda, Os piñeiros voando todos polo ar perdidos sen rumbo fixo A choiva de coitelos asasiños, Que tempo tremendo que se durme nos espazos valeiros A inocencia transmutada en falsas alarmas perdidas, No medio do tempo que queima horas dabondo por día enteiro. Como explicarche, amigo indiferente, O rumbo que pe...

CAMPO DA VERDADE

Érguete enteiro con toda a túa forza característica Non bascules na absurda do medo imposible Habita , sempre, en tí mesmo, Non habites no mundo alleo, Non roubes a palabra perfecta, Non acales o marmurio das augas dun río belo e fermoso. Admite que es como ti es Nen máis ne menos, Nen gran de home, Nen home pequeno. Son o tempo que me toque vivir no tempo, Son eu, pero si diferente a tí, Cada un de nós é un mundo diferente, Debémonos o mutuo respeto e amor consistente. É por eso que condéo os absurdos de calquera tipo de absurda violenza. Gústame habitar e querer quero habitar na paz asumida, Que, día a día, me pide a paz conmigo e a paz cós demáis, Que absurda linguaxe De parolas absurdas, Queiman os fins dos días En fermosas postas de sol fermosas. Habito para vivir a vida Enteira a ela me entrego e me debo, Con xustiza enteira Non con falsas promesas De absurda esperanza. Habito a vida enteira, Para at...

TOCAR A VIDA

Que bonita é cando sinto vivila vida íntegra. Dame a impresión que sinto o ar respirable, Que toco a sensibilade do sentir a vida. Parés, que toco a vida enteira,, E me acollo aos brazos dela en forma decisiva. Amo os sentimentos vividos fondamente. Nada eu quixera rexeitar, Nada eu quixera eu xulgar, Nada eu quixera condear. Quen me dá permiso, para habitar Nas palabras alleas? Que me dá permiso para escachar a delicia de vivir? Por esa razón fundamental, Amo, fondamente, a vida enteira, E non rexeito os momentos duros Nos que o verbo sofrir Non é un absurdo engadido Se non é un capítulo duro da existencia vital. Vivo sentindo que toco a vida Coa torpeza dos meus dedos torpes e enganados. Non perdo a esperanza futura, Froito de admitir a dureza vital. Amo o canto dos paxaros ceibos, Que cantan fermosas cancións Nas ponlas das roseiras amarelas No xardín da ledicia constante. Que bonito é vivir ledo E que obriga é aceptar o sofrim...

OSCAR WILDE

Imagen
Happy face, Mr Wilde REFLEXIÓNS SOBRE O AMOR. A palabra AMOR, tedémolo, sempre a idealizada. O AMOR, como tal é UN ACTO PERFECTO DE ENTREGA AO OUTRO. Supoño que o que ama, cólmase do máis fermosos dos sentimentos. AMAR, non é, somentes, AMAR, a muller que contigo comparte o teu corpo e a túa psique. A convivenza das psiques son fenómenos máis complexos, e o acto de AMAR, moitos veces, leva implícito o acto de nada recibir nada a cambio. O AMOR, penso eu, que debe ser un acto desinteresado, un acto altruista, é un acto de amor. O AMOR, é o xerador de múltiples pasións, pasións que, as veces, entran en conflicto, na que o instito do ser humano pode COA ARTE DE AMAR. Neste caso, dá a impresión que A ARTE de AMAR, desaparece porque os conflictos da psique chocan. Coido que o amor, debería ser un acto permanente, pero é moi difícil que o AMOR, sexa para sempre. Eu, cando era máis xove, era partidario da filosofía de JEAN JACQUES ROUSSEAU, pero có paso do tempo, vaste desenganado,e vas mi...

FARO de FISTERRA

Imagen
Alumeános nas noites fondas. Luz nouturno, Punto da orientación. Luz de Fisterra. Aluméame, sempre, Nas singladuras vitáis. Hai un Faro en Fisterra, Nesta luz acesa non eiste o Fin do Mundo. Finisterra. Miguel Dubois.

O MUNDO de FISTERRA.

O Mundo de Fisterra, É unha porta máis aberta ao mundo ceibo, Nel podes comprobar como son, Os sentimentos dun poeta descoñecido, Afortunadamente. De que vale a pantalla externa Do que eu son? De que me vale o folklore absurdo, Dos falsos andamiaxes da absurda farándula? O Mundo de Fisterra é unha fiestra máis Aberta ao mundo de par en par. Temos días de combate constante, No que o Océano de Fisterra Está bravo, E nel danse absurdas batallas marítimas No que o vencedor é aquel que honra a xustiza. No Mundo de Fisterra, Pódense descubrir Micromundos útiles, Que te axudan a resisitir Os combates inxustos De maneira doada e lene E sen absurdos labirintos Que non son máis que absurdos Xogos de palabras inútiles. Nesta Mundo de Fisterra, Temos días de sol grande e fermoso. Sentámonos os dous na beira dos cantiles de Fisterra, E observamos que non é o Fin do Mundo, Pola contra é todo un espectáculo de belez...

ADMISIÓN

Non vivo sen a fonte do sosego, Que adormece a dor que me habita, Da paz que asulaga os camiños da vida. Que absurdo é resistirse ao certo á realidade constante Que me ergue polos camiño da vida enteira. Que inútil acción é alimentarse do baixo instinto ferinte. Mágoa, do ser humano cheo de envexa e xenreira. Admito as cousas como son e son o que debo de ser. Admito a verdade enteira Aquela que me vai abrindo portas diferentes. Non soporto o mundo mintirán, Que abre doorosas feridas traicioeiras, Non rexeitas do que es, E asume o que será, Pero non fagamos do futuro próximo, O que non sabemos, Admite e rexeita o que non convén Porque, de novo, abre absurdas feridas Pérdidad de tempo inútil, Como vas recuperar O tempo no que non fuches unha persóa honrada? Perdiche o tempo falso Perdiche toda a túa credibilidade enteira. Que mágia máis grande ser o que eres! Mágoa! Miguel Dubois