ATRAVESO DUNHA FIESTRA DE CADRADOS VERDES
Enteiro, sempre, a tí. Na friaxe da mañá de invernía, contigo. Ao logo do día mundano, a túa rente constante. Deitado na noite enteira, asulagado antre o teu peito branco. No límite de tódolos amores posibles, sempre contigo. Non me persigues, non, é certo, E eu non te persigo, Estamos xuntos por todo amor querido, Sen trabucos absurdos, Sen palabras ferintes, Ao mediodía solar, Ou na medianoite, A lus dunha vela branca, Amarrados os dous, Achegados ao gran arte de amar, Estou contigo, porque te quero tanto e moito. Quéroche os días ateigados de amargo sudor inútil, Ou os días trites de bágoas constantos. Sufrir. Sempre contigo estou, a túa rente, Aínda, meu amor, que non estes Na túa presenza física Que me amarro a tí Cunha aperta de amor desesperado. Aberta está a fiestra de cadradiños verdes, Fóra caen as primeiras pingas do outono, E na túa boca caen os primeriros bicos da mañá, lene e doce. Miguel ...