Entradas

AMOR FONDO

Pontevedra, ao 6 de setembto de 2008 Non me des o Mundo enteiro, se eu cho pido, Danme un anaquiño de paz, tan si quera. Non me vaixas a Lúa chea do fermoso ceu, Dame un cachiño dunha estreliña brilante. Sosego teño do teu presente fermoso O día está tranquilo E pola Rúa do Sosego, circulan vehículos dormidos O día está quedo, porque son feliz, Porque me quero tal e coma son, Porque non rexeito a parte mala do meu ser íntegro, E coido con ledicia a parte bonita do que eu son. As farolas durmen acesas, dereitas polas rúas da cidade. Os amantes constantes, bícanse docemente. O Río está quedo e lene A cidade bonita soña con ser más bonita que bonita. E eu sono para estar contigo, solos e xuntos por sempre, Meu amor fondo. Miguel Dubois.

FLOR DELICADA

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2oo8. Que necia verba vóa bolboreta torpe No ar doce do xardín polícromo. Que suma delicadeza a cor dos xeranios vermellos, Que flor de desexo intenso Asumo no paso do tempo vivido. Achégome a vedade ,íntegro, Fuxo bulindo Do marmurio mentirán. Xardín delicado das flores delicadas Acollerme non lugar Á vosa rente, Lene e quedo. Miguel Dubois.

MENTIRA. MÁGOA!

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2008. Palabra tebra, marmurio falso, Falsa palabra, Engano miserento, Deshaucio personal, Infelicidade transmisora, Sinistro da palabra morta. Mentira constante descubro, Na infeliz mente insconstante. Mágoa o exceso da palabra, O antiverso a palabra escachada, Mágoa miseria humana, Chama dabondo no mundo incomprensible. Mentira e mentira Amén, por sempre. Miserenta palabra rota e absurdo Palabras falsas ateigadas Do máis desalentador aire xusto. Chaman a mentira, Están reconstruíndo a mentira Denantes constrído. Miguel Dubois.

REFLEXIÓN INTERNA

Ardán, ao día 3 de setembro de 2008. O día está neboento, tranquilo e algo gris e escuro. O corazón quente, aceso e ledo E os días enteiros, pasan bastantes, Sobre os días de tódolos días vividos. An anguria bate con forza absurdamente, E o dereito a vivir dignamente, Fainos felices aos habitantes privilexiados Deste Mundo de tanto mundos diferentes. Mundos de primeira clase. Mundos de segunda orde. E o mundo de todo mundo esquencido, Hoxe é o comezo dun mes novo, Quizaves o Mundo enteiro, Cambiara de xeito superficial, Cambiara a súa pel vital de vivir aparentemente, Pero no fondo da hestoria humana Seguemos sendo os mesmos homes e mulleres Habitando outros tempos históricos. A esencia do home e a muller, Quizáves sexa a mesma de sempre, Por tódolos tempos dos tempos vividos e habitados agora Miguel Dubois.

DELICIA CONTRA AMARGURA

Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008 Imos para avante, con dabondo carga pesada. Facemos a vida enteira no camiño cotián. Días doces coma a marmelada doce, Fanal do Rei e da Raíña. Días amargos coma o zume do limón amarelo. O pensamento viste de elegante color camuflado, de camuflado vai o pensamente habitado, e non di o que pensa, mágoa, é entón cando as palabras pronunciadas levan vestido de pantasma mintirán. Habitan as mentiras enteiras, o falso froito de pensamento amargo, amargo de non apertar a vida enteira coa forza debida e habida. Fora falsos choros e laios de falsa queixume adverso e inútil peito aberto a vida enteira, alta a testa e fito a mirada comprida longa, rebelde e disidente na falsedade dunha mirada traizoeira. Visto de verdade enteira o pensamento enteiro canto cancións de ledicia absoluta, descubro o senso da fervenza feliz, habito, sinto e toco. Paso a vida enteira vestido de sorriso di...

SER O QUE QUERES SER

Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008 Pasa, coma se nada pasara. Pasa bulindo, ou cantando a cantiga do home feliz. Pasa sen medo, descuberto aberto ao mundo enteiro, pasa pasando pasados pausados, e non medra no mundo da aprendizaxe. Estou, como se nada estivera, estou no mundo sen vivir no mundo, porque estou achegado ao desoñecemento do real e do palpable. Estou no mundo enteiro estou no recuncho das palabras perdidas, estou nos intres perdidos, estou na ledicia constante e no derrame do desacougo perdido. Estou aquí, detrás destas escritas palabras, pero non me oculto nas palabras; fico espido de palabras enteiras, porque son o que quero ser. Miguel Dubois.

U-la a verdade constante?

Ardán ao 1 de setembro de 2008. A forma discontinua e inacabada da palabra inaudita, o síndrome da mentira absoluta, a deformidade do sentito vital. U-la forza da verdade íntegra e comprobada? U-los ventos perdidos da esperanza perdida? U-la ilusión pertinente do vento de o Norte, Simboloxía da ceibitude completa e absoluta. Onde ficaron os síntomas decadentes da derradeira maré negra? Ventos perdidos, no medio dos espazos abertos, pérdida da palabra sabida constantemente. Miguel Dubois.