Entradas

O LIBRO DA VIDA

A vida é una novela inacabada, De fermosos capítulos de longas hestorias parciáis Doces ou amargas, a según. Móvomo polo libro vital único e inacabado. Avanzo na perduro de números mas outos, Vou pasando as follas do libro da vida. Vou acadando as miñas devocións superemas, Os meus momentos de tristura E a inmensa ledicia que me produce Abrazalos momento ledos. Pasan capítulos enteiros das nosas vidas Tranquilamente sen darnos de canto, Reloxo do tempo dinámico, A faciana cambia A pel enrrúgase E quizaves un sabor amargo Enche os sentimentos vitáis. E o libro vital O única que me toca, A hestorio dun comenzo distante E o interrogante tremendo Ao falar da derrdeira viaxe. Miguel Dubois

POEMA PARA JOSÉ ÁNGEL

Por nós ,José Ángel. Chámanme "O Graña" E nacín na fermosa vila de Bueu Mariñeiro, Á rente de deliciosos Piñeiros Verdes. Praias lindas e areosas, brancas e douradas Posuímos a beiriña do mar. Barcos coloridos, Barcos grandes e pequenos. Toda unha flota forte, Que ao mar bravo reta Nas noites de invernía pura. Non temos medo ao miserento "medo". Erguemos a testa enteira dereita, Por nós, Cando de costado baten as ondas Con forza co costado. Son de Bueu Maravilloso, Gozando da beleza enteira, Das máis fermoosas postas de sol. Altivo miro a Illa de Ons, Que coma unha pantasma estrana Atópase deitada No medio do mar enteiro. A Illa do Santo É coma se fora un barco amarrado Cargado de tódola fermosura. Son amante fondo Da miña paisaxe bela. Amo fondamente a vida toda. Antigas fábricas conserveiras Naqueles anos estranos e duros De peixe fresco E latas de conserva prateadas. Mírabase a necesidade polas r...

AO FIN, CHEGÓU A PAZ

O vento quente vai queimando palabras amorosas esquecidas. As palabras de amor penduraban nunha arbre perdida, Coma as follas de outono, antesá do frío invernal. Saían pola boca aberta as palabras, máis o menos, de sempre, Aquelas que ferían de morte as cores famentas do amor queimado. Dame unha palabra doce, Dame un cachiño de amor, bícame, fondo e lene. Quítame do mundo que fire, de cotío, mágoa! Enrólate no meu longo pescozo de xirafa preguntona. Encende a cacaherela interior do meu cor, Teño sede de amor fondo E pido xustiza constante Por ser facedores de absurdas inxustizas. U-los dictados das palabras perdidas no medio do ar fétido, U-los conceptos fundamentáis da convivenza humana. U-los teis biezos lenes, U-las túas verbas amorosos, U-los cabalos salvaxes á rente dos cantiles abandoados, Namentras o vento forte pentea as súas criles fermosas, E, din, eso, creo, que de súpeto, encendéuse Unha lus estrana e en dende aquela Homes e mullere...

RÚA

Substantivo claro e perfecto, Lenidude da palabra amorosa, Rexeito, totalmente,a feito violento. Amo o verdadeiro amro, sempre, Quero o feito de querer e ser querido. Rexeito as mentiras asasiñas, Namentres, coido, por desgraza, Polas paredes da casa mitireira, Van tecéndose teas de araña absurdas, Cando a presa está a piques de ser degullada, Faise a fame dun momento desesperado, Apágase a lus do día pertinente e concreto E queda instalasa a noite pecha. Escoito na lonxanía perfecta, On son dunha gaita acesa Perdida no vento ferinte, Namentras o vento absurdo Fan que os corboráns negros Planeen, soave e lenes, na superfice do ar freso. Un cego con gafas de sol vende cupóns Polas rúas estreitas, Ganando a súa vida cotiá Vendendo cupóns de sorte. MIGUEL DUBOIS

PERDIDO

Envelenada boca, de palabras absurdas Emerxen dun volcán inútil apagado e asulagado de penas fodidas e desalentadoras, A palabra sobrante, a risa doente de medo absoluto, capacidade do absurdo A cacidada da palabra vendida, no nome da envexa continúa, O timo pensado, o xuizo absurdo que a modo de trono inútil Escacha a tranquilidade sotida nun fío branco. A perna rota que camiño vieros perdidos de ilusos, preversos. A lus apagada ou o candil escachado, noite tremen da e escura, Silenzo absoluto abero a noite negra. O berro roto que afúnde na noite de silenzo tremendo. O lobo negro ferido de morte absoluta. A fogueira que non queima desesperada e absurda, Os piñeiros voando todos polo ar perdidos sen rumbo fixo A choiva de coitelos asasiños, Que tempo tremendo que se durme nos espazos valeiros A inocencia transmutada en falsas alarmas perdidas, No medio do tempo que queima horas dabondo por día enteiro. Como explicarche, amigo indiferente, O rumbo que pe...

CAMPO DA VERDADE

Érguete enteiro con toda a túa forza característica Non bascules na absurda do medo imposible Habita , sempre, en tí mesmo, Non habites no mundo alleo, Non roubes a palabra perfecta, Non acales o marmurio das augas dun río belo e fermoso. Admite que es como ti es Nen máis ne menos, Nen gran de home, Nen home pequeno. Son o tempo que me toque vivir no tempo, Son eu, pero si diferente a tí, Cada un de nós é un mundo diferente, Debémonos o mutuo respeto e amor consistente. É por eso que condéo os absurdos de calquera tipo de absurda violenza. Gústame habitar e querer quero habitar na paz asumida, Que, día a día, me pide a paz conmigo e a paz cós demáis, Que absurda linguaxe De parolas absurdas, Queiman os fins dos días En fermosas postas de sol fermosas. Habito para vivir a vida Enteira a ela me entrego e me debo, Con xustiza enteira Non con falsas promesas De absurda esperanza. Habito a vida enteira, Para at...

TOCAR A VIDA

Que bonita é cando sinto vivila vida íntegra. Dame a impresión que sinto o ar respirable, Que toco a sensibilade do sentir a vida. Parés, que toco a vida enteira,, E me acollo aos brazos dela en forma decisiva. Amo os sentimentos vividos fondamente. Nada eu quixera rexeitar, Nada eu quixera eu xulgar, Nada eu quixera condear. Quen me dá permiso, para habitar Nas palabras alleas? Que me dá permiso para escachar a delicia de vivir? Por esa razón fundamental, Amo, fondamente, a vida enteira, E non rexeito os momentos duros Nos que o verbo sofrir Non é un absurdo engadido Se non é un capítulo duro da existencia vital. Vivo sentindo que toco a vida Coa torpeza dos meus dedos torpes e enganados. Non perdo a esperanza futura, Froito de admitir a dureza vital. Amo o canto dos paxaros ceibos, Que cantan fermosas cancións Nas ponlas das roseiras amarelas No xardín da ledicia constante. Que bonito é vivir ledo E que obriga é aceptar o sofrim...