TOCAR A VIDA
Que bonita é cando sinto vivila vida íntegra. Dame a impresión que sinto o ar respirable, Que toco a sensibilade do sentir a vida. Parés, que toco a vida enteira,, E me acollo aos brazos dela en forma decisiva. Amo os sentimentos vividos fondamente. Nada eu quixera rexeitar, Nada eu quixera eu xulgar, Nada eu quixera condear. Quen me dá permiso, para habitar Nas palabras alleas? Que me dá permiso para escachar a delicia de vivir? Por esa razón fundamental, Amo, fondamente, a vida enteira, E non rexeito os momentos duros Nos que o verbo sofrir Non é un absurdo engadido Se non é un capítulo duro da existencia vital. Vivo sentindo que toco a vida Coa torpeza dos meus dedos torpes e enganados. Non perdo a esperanza futura, Froito de admitir a dureza vital. Amo o canto dos paxaros ceibos, Que cantan fermosas cancións Nas ponlas das roseiras amarelas No xardín da ledicia constante. Que bonito é vivir ledo E que obriga é aceptar o sofrim...