Entradas

AMOR SUPREMO

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008 Habito no mundo enteiro Para habitalo enteiro. Habito en ti enteira, Para posuir teu amor enteiro. Habito e vivo, contra vento e maré. Habito no mundo porque estou no mundo enteiro. Para habitalo enteiro. En cada segundo En cada intre perdido No habitáculo do tempo tremendo. Estou eiquí para quererte tanto, E perdelas horas enteiras nos teus beizos amorosas. Habito no mundo enteiro Para estar máis perto de tí, Da quentura e da chama do amor aceso. Que lento serán de amor me asulaga A rente da calor reverenciada. Ouh amor de amores de tódolos amores concretos e abstractos As noites mouras, Convírtense en días de plena luz Débome a túa fermosura permanente. Débome a tí enteira no enteiro mundo, concreto e abstracto. Miguel Dubois.
Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008 Anuncio despacio o paso do tempo lento, Habito, sempre, o espazo correspondente, Medito, fondamente, o fondo do meu princio

CANTIGA PARA AMAR E ODIAR

Pontevedra, ao 8 de setembro de 2008 Anuncio despacio o paso do tempo lento, Habito, sempre, o espazo correspondente, Medito, fondamente, o fondo do meu principio de meu ser e do meu estar. Son e estou para ser e estar o que quero ser e estar. Respeto o espazo alleo, A palabra que despide amor constante. Sempre rexeito, constanmete, O odio ao que detesto. As inxustizas habitan en mundos despiadados E as liberdades máis elementáis son violadas, A xeito de constante traición. De que mala palabra vestirás hoxe A túa lingua de serpe bárbara. De que xeito crabarás coitelos mentiráns polas costas. Mais eu estou tranquilo, Namentras creo no amor aceso. Miguel Dubois.

AMOR SI...NON AO EGOTISMO

Pontevedra, ao 7 de setembro de 2oo8 Canto che quero, meu doce amor, Canto amor puro nun sopro silencioso. O amor é un silencio constante Que da e recibe dabondo. Dareiche tanto, meu amor, Que queres que eu faga por tí, meu amor? Silenciar as dores da noi pecha? Que queres que eu faga pot tí, meu mar? Darche a miña vida enteira? Entregarche o meu pensamento íntegro? Durmen ao sol uns lagartos verdes E atrás dos verdes piñeiros, Pentiados polo vento do Sul forte da invernía total. Ti e máis eu amándonos enteiros e íntegros. Entregados ao amor dos nosos corpos espidos, Entregados ao noso intelecto compreto, Namentras unha linguaxe que balbucéa e palpita, Ao ritmo de suspiros completos e prolongados. E, de súpeto, sen quérelo, Atópomo abrazado ao símbolo da libertad, Que es ti, meu grato amor doce. Que sin sentido é non querer e non amar. Que absurda sequedade é a falla de amor. Dame, canto, máis amor...

AMOR FONDO

Pontevedra, ao 6 de setembto de 2008 Non me des o Mundo enteiro, se eu cho pido, Danme un anaquiño de paz, tan si quera. Non me vaixas a Lúa chea do fermoso ceu, Dame un cachiño dunha estreliña brilante. Sosego teño do teu presente fermoso O día está tranquilo E pola Rúa do Sosego, circulan vehículos dormidos O día está quedo, porque son feliz, Porque me quero tal e coma son, Porque non rexeito a parte mala do meu ser íntegro, E coido con ledicia a parte bonita do que eu son. As farolas durmen acesas, dereitas polas rúas da cidade. Os amantes constantes, bícanse docemente. O Río está quedo e lene A cidade bonita soña con ser más bonita que bonita. E eu sono para estar contigo, solos e xuntos por sempre, Meu amor fondo. Miguel Dubois.

FLOR DELICADA

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2oo8. Que necia verba vóa bolboreta torpe No ar doce do xardín polícromo. Que suma delicadeza a cor dos xeranios vermellos, Que flor de desexo intenso Asumo no paso do tempo vivido. Achégome a vedade ,íntegro, Fuxo bulindo Do marmurio mentirán. Xardín delicado das flores delicadas Acollerme non lugar Á vosa rente, Lene e quedo. Miguel Dubois.

MENTIRA. MÁGOA!

Pontevedra, ao 6 de setembro de 2008. Palabra tebra, marmurio falso, Falsa palabra, Engano miserento, Deshaucio personal, Infelicidade transmisora, Sinistro da palabra morta. Mentira constante descubro, Na infeliz mente insconstante. Mágoa o exceso da palabra, O antiverso a palabra escachada, Mágoa miseria humana, Chama dabondo no mundo incomprensible. Mentira e mentira Amén, por sempre. Miserenta palabra rota e absurdo Palabras falsas ateigadas Do máis desalentador aire xusto. Chaman a mentira, Están reconstruíndo a mentira Denantes constrído. Miguel Dubois.