ULA BRÚXULA?
Pontevedra, ao 8 de marzo de 2008. ULA BRÚXULA? Érguete do teu sono esquencido, amada liberdade, Érguete da constante mentira verdade constante e efímera. meu bon amigo, afirmo que a verdade é efímera, unha constante fervenza de ocultas mentiras, que de canto en vez amosan a hipocresía constante da verdade disfrazada por un cúmulo de froitos convintes por decreto lei. Os escearios están ateigados de excelentes actores namentras o senso verosimil é convertido na desidia constante. Parece coma se todo for, a unha nada constante. Parece que a verdade for a coma un barco que o rumbo perdera, no meio da tormenta absurda das palabras valeiras e hocas; daquelas mentiras que firen dabondo e constamente. Coma atopar o rumbo, amada brúxula coma atopar o Norte no meio da constante dimensión absurda da palabra deformada. Ula roseira dos v...