Pontevedra, ao 8 de marzo de 2008.
ULA BRÚXULA?
Érguete do teu sono esquencido,
amada liberdade,
Érguete da constante mentira
verdade constante e efímera.
meu bon amigo, afirmo
que a verdade é efímera,
unha constante fervenza
de ocultas mentiras,
que de canto en vez
amosan a hipocresía constante
da verdade disfrazada
por un cúmulo de froitos convintes
por decreto lei.
Os escearios están ateigados
de excelentes actores
namentras o senso verosimil
é convertido na desidia constante.
Parece coma se todo
for, a unha nada constante.
Parece que a verdade
for a coma un barco
que o rumbo perdera,
no meio da tormenta absurda
das palabras valeiras e hocas;
daquelas mentiras
que firen dabondo e constamente.
Coma atopar o rumbo,
amada brúxula
coma atopar o Norte
no meio da constante
dimensión absurda
da palabra deformada.
Ula roseira dos ventos?
Ula beleza dun piñeiro?
Ula beleza azul e brilante
dos ceos do verán diurno e nocturno?
Como amar ao que me fire?
Como esquencer a dor que produce
a inmensa insesatez
da mentira constante?
Verbas que o vento leva,
dade o sentido exacto
a unha existencia absurda,
de odio constante
de tolos armados
de pistolas asasinas.
Dalle a forza ao vento ceibo
para que se afaga
a un xeito de vivir armónico,
Marchen palabras descafilicativas
veñan a ofrecernos amor constante
con absoluto agarimo.
Imos camiño do vento de Norte,
que agarime as nosas facianas
de fonda frescura.
Amamos a liberdade constante
condenamos a mentira,
condenamos o insulto constante,
loitamos pola paz continúa,
porque somos seres ceivos,
que día a día,
facemos máis grande
o noso espazo de amor.
O noso cor permanece aberto
a liberdade constante.
Condenamos todo tipo de violenza,
muller violentada,
muller violada,
muller asasinada,
ata que punto a tolemia e o odio,
convertiron aos homes espantasos
en tremendos asasinos
das súas víctimas?
A tristura medra no mundo da irracionalidade
e mundos ateigados de odio as voces
da tremenda tolemia.
Ula brúxula constante,
meu caro amigo?
Porque xa non sei, meu amor,
se te odio tanto
ou ámoche dabondo.
Nunca perderei
a esperanza,
e xurdir con toda a miña forza
dun mundo torpe, tolo e sen senso.
Ula brúxula, meu amigo?
Miguel Dubois.
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario